Emerxencias de gas

Como actuar se ule a gas?

  • Airear o local e sae das instalacións.

  • Pechar os mandos dos aparellos de gas e a chave xeral de paso.

  • Non manipular aparatos eléctricos nin interruptores.

  • Chamar o teléfono de emerxencias 900 750 750 e acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.

  • Evitar xerar faíscas ou chamas de calquera modo.

  • Esperar a volver abrir a chave de paso ata que a incidencia se solucione.

 

Que facer se non tes gas?

  • Comprobar que os mandos dos aparatos (cociña, quentador, caldeira, etc.) están pechados.

  • Verificar que o resto das chaves  de paso de gas, se as houbese, están abertas. Se non o están, abrilas.

  • Esperar un mínimo de 15 minutos (mantendo as chaves de gas abertas e os mandos dos aparatos pechados). Pasado este tempo, comprobar se tes gas acendendo a caldeira ou un lume da cociña do teu negocio.

  
Contactar co teléfono de Emerxencias 900 750 750, se tras facer as comprobacións anteriores continúas sen gas.

Recorda que o Servizo de Atención de Emerxencias non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación fose propiedade de Gas Natural Fenosa. No interior do negocio correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado, así como facer un uso axeitado desta.

 

Emerxencias de electricidade

Como actuar en caso de accidente eléctrico?
  • Se é posible, cortar a fonte de alimentación da corrente. Se non, coller á vítima pola roupa e tirar dela sen entrar en contacto coa súa pel. Se fose necesario, cobrir as partes nuas con roupa seca antes de tocarlle.

  • En caso de incendio eléctrico, utilizar un extintor para apagar o lume.

  • Se se produce unha queimadura localizada, antes de tratala hai que lavarse as mans coidadosamente. Arrefriar a queimadura con auga ou xeo, limpar ao seu arredor cunha compresa húmida e esparexer unha solución antiséptica. Finalmente, cubrir cunha compresa estéril e algodón. Non tocar directamente a queimadura nin abrir as ampolas ou vexigas que se formen nela. Se a queimadura é importante, non poñer cremas e acudir a un centro de asistencia médica.

  • A distribuidora de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica polo que deberás poñerte en contacto con ela. En caso de ser Unión Fenosa Distribución podes chamar o teléfono 900 333 999.

 

Ten en conta que as instalacións eléctricas interiores son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación interior, pódeseche enviar a un operario especializado para a reparación, pero os custos irán ao teu cargo.

 


Enlaces relacionados:

Consellos de seguridade

Revisión da instalación