En que consiste a inspección periódica da instalación?

  • A comprobación, a través das súas partes visibles e accesibles, da estanquidade.

  • Verificar a correcta combustión hixiénica dos aparatos a gas.

  • Comprobar a correcta evacuación dos produtos da combustión.
     

Cando e quen debe realizar a inspección da miña instalación?

As instalacións de gas natural deben ser inspeccionadas periodicamente conforme á lexislación vixente, "As empresas instaladoras de gas habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deberán efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios" (Real Decreto 984/2015, do 30 de outubro).

En caso de que a túa distribuidora sexa Gas Natural Distribución, as visitas prográmanse con varios días de antelación e infórmase da data na que se realizará a inspección mediante cartas aos titulares e carteis de aviso no terreo.
 

Lembra que...

  • O persoal de inspección debe ir sempre debidamente acreditado.

  • O pagamento da inspección da instalación individual efectúase a través da factura do gas, nunca no momento da inspección.

  • En caso de detectar anomalías na túa instalación, podes pedir o xustificante de corrección de anomalías.
     



Ligazóns relacionadas:

Teléfonos de contacto​

Tarifas do servizo de inspección periódica 

Xustificante de corrección de anomalías