Consellos de seguridade de gas

Como manter a instalación de gas en bo estado

  • Pon atención á instalación: a chama debe ser azul e estable. Vixía o estado dos tubos flexibles dos aparatos e que estes sexan de alta seguridade.
  • Mantén a instalación ao día: tes a obriga de ter a túa instalación en bo estado. A compañía distribuidora debe realizar a inspección da instalación de gas e o usuario, facilitar o acceso para poder realizala.
  • Mantén unha ventilación axeitada: comproba que as reixas de ventilación e a saída de gases dos aparatos están en perfectas condicións.
  • Pecha a chave de paso en ausencias prolongadas para previr accidentes.
  • En mans de profesionais: Recorda que só unha empresa instaladora autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas.

 

Consellos de seguridade de electricidade

  • Corta a luz da túa comunidade de propietarios ante calquera incidencia.
  • Pregúntanos se tes dúbidas sobre o mantemento ou o correcto funcionamento da túa instalación chamando o 900 100 251.

  • Evita o contacto con equipos eléctricos coas mans e pés mollados. Comproba que o aparato non estea mollado. Nos aseos, as canalizacións, desaugadoiros, cercos metálicos de portas e ventás, radiadores, etc., teñen que estar conectados entre si e á rede de terra.
  • Comproba que a tensión dos electrodomésticos é a axeitada e que dispós de suficiente potencia eléctrica contratada.
  • Se necesitas manipular os electrodomésticos, desconéctaos tirando da caravilla illante que os conecta á parede.
  • Sitúa os electrodomésticos a unha distancia prudencial da parede para evitar o sobrequentamento. Se aparece fume ou algún olor inusual, desconéctaos inmediatamente e fainos revisar por un técnico.
  • No exterior, ten precaución coas infraestruturas eléctricas como torres, postes de electricidade e casetas de transformación. 

 

Mantén a túa instalación eléctrica con seguridade
  • Comproba que o interruptor xeral e o cadro de mando e protección están situados nun punto doado de acceso.
  • Non uses nunca aparatos con cables pelados, caravillas rotas, enchufes deteriorados etc.
  • Polo menos unha vez por mes, comproba que o diferencial funciona correctamente.
  • Non bloquees os interruptores automáticos, para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.
  • Se un aparato che dá "cambras", desenchúfao inmediatamente e chama un técnico.
  • Non sobrecargues as instalacións eléctricas e non poñas cables eléctricos debaixo das alfombras.
  • Utiliza un enchufe para cada receptor, cando sexa posible. As conexións múltiples poden producir sobrequentamentos.
  • Revisa que as luces funcionen correctamente e afástaas de cortinas e paredes.
  • Non coloques pantallas ou percorrido de cables preto de focos de calor.