Alta da subministración de gas natural

Non teño instalación de gas, que pasos debo seguir para solicitala?
Se a túa comunidade aínda non ten instalación de gas natural podes contactar cun instalador autorizado ou chámanos o 900 100 251 e facilitarémosche toda a información que necesitas coñecer.


Indicacións se non teño dada de alta a subministración de gas:

  • Se tes a instalación pero non está dada de alta a subministración necesitas un Certificado de Instalación Individual en regra (e o Certificado de Instalación Térmica se dispón de calefacción a gas).
  • Para obter estes certificados, ponte en contacto cun instalador autorizado. Visitarante para realizar unha inspección da Instalación Receptora Individual (IRI). Se cumpre coa normativa vixente, o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado de Instalación Individual na mesma visita.



Alta da subministración eléctrica

Que pasos debo seguir para dar de alta a subministración?

  • Se a túa comunidade necesita unha nova subministración debes realizar a petición correspondente á distribuidora da túa zona.
  • Necesitarás o CUPS, que identifica o teu punto de subministración eléctrica. Se xa o tes, podes chamar directamente o teléfono 900 649 413, onde che explicaremos os pasos e que documentación necesitas para contratar a subministración de electricidade.
 

Que potencia debo contratar?
Para saber a potencia que tes que contratar, podes sumar a potencia do equipo de maior consumo e a dos demais equipos que se vaian utilizar de forma simultánea. En caso de dúbida, consulta cun instalador autorizado.

En caso de ampliación de potencia terías que aboar a diferenza dos dereitos de acometida correspondentes á nova potencia e á potencia actual. 

 

Baixa da subministración de gas natural

Que supón o cesamento da subministración do gas?

A realización dun cesamento supón o corte de subministración e a retirada do contador.


Que pasos debo seguir para cambiar de comercializador?

Se o que desexas é realizar un cambio de comercializador, será o teu novo comercializador quen xestione e solicite a baixa do teu contrato coa comercializadora do Grupo Gas Natural Fenosa.


Que debo facer para solicitar o cesamento de subministración de gas?

Podes solicitar online o cesamento de subministración do gas enchendo este formulario:

Solicitar cesamento de subministración de gas


Se o que desexas é contactar por teléfono para que a túa distribuidora retire o contador e che indique os pasos a seguir para solicitar o cesamento de subministración:

  • Se a túa comercializadora do Grupo é Gas Natural Servizos chama ao teléfono gratuíto 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é GAS NATURAL SUR chama ao teléfono gratuíto 900 100 502.
 
Que debo ter presente antes de realizar un cesamento de subministración?
  • Tras solicitar o cesamento, a distribuidora da túa zona poñerase en contacto contigo para concertar a visita. No momento de realizar o cesamento, é necesaria a presenza do titular ou dalgunha persoa maior de idade autorizada.
  • No caso de que non se poida contactar co cliente para concertar a visita e o contador estea en batería, o cesamento realizarase igualmente.
  • O cesamento non será efectivo ata que se retire o contador e se tome a lectura. Con esta lectura realizarase a factura de cesamento, na que se liquidarán todos os conceptos pendentes agás o financiamento externo. Se tes un financiamento asociado ao contrato, non será necesario liquidalo ao realizar o cesamento.



Baixa da subministración eléctrica

Que debo ter en conta ao solicitar a baixa da subministración?

Se es cliente dalgunha das comercializadoras de electricidade do Grupo Gas Natural Fenosa (Gas Natural Servicios ou Gas Natural SUR), verifica na túa factura ou no contrato se a túa subministración é de baixa ou alta/media tensión:

  • Trátase dunha subministración de baixa tensión cando tes contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 2.0 A / 2.0 DHA / 2.1 A / 2.1 DHA / 3.0A. Normalmente, o centro de transformación será propiedade da distribuidora.
  • Trátase dunha subministración de alta/media tensión cando tes contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 3.1 A / 6.1 A. Normalmente, o centro de transformación será da túa propiedade.
 

O trámite será diferente dependendo da túa subministración, se é de baixa ou alta/media tensión.
 

Como solicitar a baixa se a miña subministración é de baixa tensión?
  • O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. Ten á man unha factura para poder localizar os datos que identifican o punto de subministración que desexas cesar.
  • Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade enchendo este formulario:


Solicitar cesamento de subministración eléctrica


Se o que desexas é contactar por teléfono, deberás poñerte en contacto coa plataforma de atención telefónica:

  • Se a túa comercializadora é Gas Natural Servicios, chama o 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama o 900 100 259.
 

Tamén podes dirixirte a un centro de atención presencial.
 

Como solicito a baixa se a miña subministración é de alta tensión?

O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso dunha empresa debe ser o representante.

Se o centro de transformación é propiedade do cliente, no momento de solicitar o cesamento deberás especificar se tamén desexas que se realice a desconexión do centro de transformación.

Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade enchendo este formulario:

Solicitar cesamento de subministración eléctrica


A continuación, indicámosche os pasos a seguir para solicitar o cesamento dunha subministración de alta/media tensión se prefires facelo por teléfono, nun centro de atención presencial ou por email:

Para solicitar o cesamento dunha subministración de alta/media tensión

1. Descarga o documento de "Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión" que che facilitamos máis abaixo. 
2. Completa a solicitude de cesamento específico para subministración de alta tensión, onde indicarás:

  • Nomes e apelidos do titular ou representante do contrato de enerxía eléctrica.
  • Número de referencia da túa subministración (número CUPS) que encontrarás na factura.
  • Se solicitas que se realice a desconexión do centro de transformación ou non. En ambos os dous casos, deberás indicar a Distribuidora.
  • Teléfono de contacto onde esteas doadamente localizable para concertar a visita de desconexión da subministración.
3. Achega a fotocopia do documento de identidade do titular ou do representante. 
4. Remite todos os documentos á túa comercializadora a través dunha conta de correo electrónico ou a un número de fax específico
5. Contacta coa plataforma de atención ao cliente para que te informen de cal é o enderezo de correo electrónico ou o número de fax correspondente, segundo a comercializadora, e para resolver calquera dúbida sobre como completar o documento.

 
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural Servicios chama o 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama o 900 100 259.
 

Tamén podes dirixirte ao teu centro de atención presencial.

 



Ficheiros relacionados:

Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión (PDF 7 Kb)


Enllaços relacionats:

Localizador de centros  

Como contratar

Pasos para ser cliente

Cambio de titular