Que necesito para iniciar a contratación?

É ben sinxelo: todos os datos que necesitarás no proceso de contratación online, tanto para o gas natural como para a electricidade, están nas túas últimas facturas de gas e luz, polo que é necesario que as teñas á man no momento de iniciar o proceso de contratación. Ademais, necesitarás o teu NIF/NIE ou documento identificativo e os teus datos bancarios para finalizar o proceso de contratación.

Con todo iso, completa o formulario da oferta que che interesa cos datos que encontrarás nela. Asegúrate de aceptar as condicións xerais e económicas da oferta, ademais de cargar online unha copia escaneada do NIF.

Lembra que o formato aceptado dos ficheiros é PDF, JPG, PNG, GIF ou BMP e que o seu peso non pode ser superior aos 3 MB.

Unha vez finalizado o proceso de contratación, nós encargámonos de todos os trámites, sen gastos adicionais, nin modificacións na túa instalación e sen cambios nin interrupcións de subministración. Así de doado e rápido. 
 

Por que teño que rexistrarme na Área clientes antes de iniciar o proceso de contratación online?

Realizar a contratación dende a Área clientes é a forma de garantirche unha maior seguridade no proceso e de darche o tempo que precises para finalizar a contratación. Por iso, sexas ou non cliente de Gas Natural Servizos, é necesario que te rexistres na Área clientes para poder contratar online.

Unha vez rexistrado, ademais de contratar online, poderás acceder sempre que queiras à Área clientes para realizar todos os trámites relacionados cos teus servizos e a subministración do gas natural e a electricidade do teu fogar ou negocio. Poderás xestionar os teus contratos ou facturas con Gas Natural Fenosa, saber cal é o teu consumo, aclarar as túas dúbidas, cursar as túas reclamacións ao momento, etc. 
 

Teñen que pasar a revisar a instalación ou a cambiar o contador?

Non, o cambio de compañía ou de contrato non che supón actuacións na túa instalación nin interrupcións na subministración.
 

Con que periodicidade recibirei a miña factura?

O período de facturación será, en función da subministración eléctrica, mensual ou bimestral sobre o consumo real. Só se procederá a estimar a lectura cando a túa empresa distribuidora non poida acceder directamente ao contador.
 

Que servizo contrato?

Gas Natural Fenosa pon á túa disposición servizos de mantemento e reparación para adaptarnos a cada unha das necesidades.

Se os queres coñecer preme aquí.
 

Que é a Factura Online?

É unha modalidade de factura na que non se emprega o papel como soporte, senón un ficheiro electrónico. A sinatura electrónica que leva incorporada demostra a autenticidade do emisor e garante a integridade do seu contido, polo que legalmente é un documento considerado como vinculante e non necesita de maior proba ou confirmación que a súa propia existencia.

Tes dúbidas sobre o servizo Factura Online? Resólveas aquí

 

Como debo tramitar a documentación contractual dos produtos e servizos que contrate?

Todo o proceso de contratación e documentación contractual farase online.A única documentación que deberás cargar online é o teu NIF.

Lembra que o formato aceptado dos ficheiros é PDF, JPG, PNG, GIF ou BMP e que o seu peso non pode ser superior aos 3MB.

Ao finalizar o proceso de contratación poderás descargar unha copia do contrato en PDF.

 

Que debo facer para tramitar a documentación online?

Para tramitar a documentación online, sigue os pasos que che iremos indicando:

1. Completa os datos solicitados: datos de cliente, enderezo de subministración ou prestación de servizo, enderezo de correspondencia, subministracións e servizos contratados e datos do pagamento.

2. Carga unha copia escaneada do NIF.

3. Revisa e acepta as condicións xerais e económicas da oferta.