Cambiarte de comercializadora é moi sinxelo, unha vez asines un contrato con Gas Natural Fenosa, encargámonos de realizar todos os trámites necesarios para facer efectivo o cambio de compañía. Estes son os pasos e prazos* para o cambio de compañía de enerxía.
 

Día 1. Sinatura e aceptación do contrato con Gas Natural Fenosa

Unha vez asinaches o contrato iníciase o proceso de cambio de compañía.
 

Antes de 30 días. Xa es cliente de Gas Natural Fenosa

No prazo máximo dun mes (1), recibirás unha carta de benvida á túa nova compañía.
 

Factura de liquidación da túa anterior compañía

Unha vez xa es cliente de Gas Natural Fenosa, recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida da primeira factura de Gas Natural Fenosa.
 

Primeira factura de Gas Natural Fenosa

Antes de 30 días (en caso de facturacións mensuais), ou ben, antes de 60 días, nas facturacións bimestrais, recibirás a túa primeira factura (2) de Gas Natural Fenosa.

 

  Chamámoste?



 


Condicions de oferta:
(*) Prazos medios estimados. | (1) A partir dese momento recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía e a primeira factura da túa compañía actual, Gas Natural Fenosa. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida para a primeira factura de Gas Natural Fenosa. | (2) Para as subministracións eléctricas con ciclo de lectura e facturación bimestral, a data de cambio será nos 15 días seguintes á solicitude de acceso á súa distribuidora ou cando corresponda segundo o ciclo de lectura. Para aquelas subministracións con ciclo de lectura e facturación mensual, será segundo o ciclo de lectura. Para tarifas de gas 3.1, 3.2 e 3.3 a data de cambio coincidirá co día 1, 11 ou 21 de cada mes, debendo seleccionar o distribuidor a data de cambio máis próxima á de validación. A data de cambio para tarifas 3.4 coincidirá co ciclo de lectura que teña o cliente.




Ficheiros relacionados:

Condicións xerais do contrato de enerxías e servizos (PDF 58 Kb)