A maioría das comunidades dispoñen de ascensor (mesmo máis dun) o que orixina un elevado consumo eléctrico, así como un gasto de mantemento considerable. Estes son algúns consellos para o uso dos ascensores.
 

Hábitos de consumo:

  • Non chames a varios ascensores á vez: no caso de que o edificio dispoña de varios ascensores no mesmo portal, conciencia os teus veciños de que non chamen a varios ascensores á vez.
  • Reduce o consumo eléctrico usando as escaleiras: anima aos teus veciños a que utilicen as escaleiras se se trata de poucos pisos, así axudarás a reducir o consumo eléctrico. É moito máis saudable e económico subir á casa a pé que facelo no ascensor.
 

Medidas tecnolóxicas:

  • Mecanismos de manobra selectiva: se é posible, instala ascensores con mecanismos de manobra selectiva, que activan a chamada do ascensor máis próximo ao punto requirido.
  • Iluminación de ascensores: recoméndase que o interior dos ascensores non estea permanentemente iluminado. Pode instalarse un detector de presenza que acenda a luz do interior só cando entre alguén ou interconectar o arranque das luces do habitáculo co mecanismo de manobra do ascensor.