Hábitos de consumo:

  • A temperatura da auga que chega ás billas debe estar entre 30º C e 35º C, é unha temperatura máis que suficiente para a comodidade no teu aseo persoal.
  • Recorda tamén aos teus veciños que deben revisar as fugas nas billas e os goteos de auga. O simple goteo dunha billa significa unha perda de 100 litros de auga por mes.
  • O mantemento dos sistemas de saída e chegada da auga ao acumulador é importante para garantir que a diferenza entre ambas as dúas non sexa maior de 20º C de xeito continuado.  

 

Medidas tecnolóxicas:

  • Anima aos teus veciños a instalar cabezais de ducha de baixo consumo e perlizadores nas súas billas: reducen o consumo de auga e polo tanto o consumo enerxético.
  • Se vas realizar reformas no sistema de produción de auga, instalar caldeiras de condensación ou de baixa temperatura con acumuladores, ademais de ser os sistemas máis eficientes, permiten xuntar calefacción e produción de ACS todo nun equipo.
  • O combustible do teu sistema de caldeiras é outro punto importante, o gas natural aforra ata un 36% sobre o gasóleo e o fuel óleo.
  • Instalar un reloxo programador que desconecte a bomba de recirculación do ACS durante as horas nocturnas reducirá o consumo eléctrico.
  • Outra opción para a produción de ACS é a enerxía solar térmica ou a biomasa. Son enerxías renovables que poden proporcionarche parte das necesidades de ACS e cumprir co Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios para o quentamento de piscinas cubertas ou ao aire libre.
  • Instalar billas pulsadoras temporizadas é a mellor opción en caso de existir aseos en zonas comúns, como por exemplo no garaxe.
  • O illamento correcto das canalizacións e dos depósitos de almacenamento é unha medida importante para reducir as perdas de enerxía nas instalacións de ACS.