Hábitos de consumo:

  • Recorda aos teus veciños que a temperatura ideal de calefacción é entre 19º C e 21º C. Nos cuartos que só se usen para durmir pola noite, unha temperatura de 16º C a 18º C é suficiente. Por cada grao máis de calefacción aumenta o consumo enerxético un 7%.
  • Recorda tamén aos teus veciños que deben purgar os radiadores da súa vivenda periodicamente, xa que o aire acumulado nestes dificulta a transmisión da calor da auga quente ao exterior.

  • Pechar as chaves dos radiadores dos cuartos que non se utilicen habitualmente e manter a porta igualmente pechada.
  • No inverno, para airear a vivenda, é suficiente abrir as ventás uns 10 minutos. Se deixas as ventás entornadas, a calor sae constantemente da túa vivenda sen notar unha diferenza na calidade do aire interior. Recorda: airear brevemente abrindo as ventás por completo é máis eficaz e aforra enerxía.
  • É importante realizar un mantemento periódico de caldeiras e equipos de calefacción no que se revisen as instalacións e se manteñan en óptimo funcionamento, o que garantirá a súa máxima eficiencia.
     

Medidas tecnolóxicas:

  • As caldeiras de condensación ou de baixa temperatura son moi recomendables se no teu edificio ides instalar ou a cambiar o sistema central de calefacción, xa que as caldeiras de condensación son as máis eficientes do mercado. O seu alto rendemento provoca aforros económicos abondo para amortizar o sobrecusto de instalación nun período de 5 a 8 anos.
  • Se na túa comunidade se utiliza gasóleo ou fuel óleo, pódese aforrar ata un 36% con gas natural e, en caso de que non chegue a rede de distribución, existen outras alternativas como a biomasa, que tamén permiten aforrar na túa factura.
  • En sistemas con caldeira centralizada é importante que cada veciño saiba o que consume. Instala na túa comunidade un sistema de repartición de custos, poderás usar de xeito máis eficiente a enerxía e pagar só polo que realmente consumas.
  • Instalar un termóstato programable na túa vivenda permitirache mellorar o confort do fogar e reducir o consumo. As válvulas termostáticas programables permítenche un control máis exhaustivo xa que podes xestionar a calefacción por cuartos: o mellor sistema consiste en substituír as chaves de radiador por válvulas termostáticas programables, deste xeito, podes axustar a temperatura en cada cuarto.
  • Illamento:
  • Para que non haxa perdas de enerxía é recomendable un bo illamento das canalizacións  que distribúen a calor.
  • Se vas realizar reformas, debes ter en conta que un bo illamento da fachada e da cuberta do teu edificio poderá reducir aínda máis o teu consumo de calefacción.
  • O marco e o cristal das ventás da túa comunidade tamén son importantes para evitar perdas de enerxía por calefacción.