Hábitos de consumo:

  • É importante sectorizar a iluminación artificial das zonas comúns, como zonas de paso, relanzos e corredores. Pódense instalar temporizadores electrónicos ou detectores de presenza que acendan e apaguen a luz automaticamente. Outra posibilidade é aumentar o número de interruptores, de modo que só acendan as luces máis próximas ao lugar onde se encontra o usuario.
  • Se xa tes temporizadores, debes verificar o tempo de arranque das luces. A súa redución pode axudarche a reducir os gastos de electricidade.
  • Limpar lámpadas e luminarias é moi importante, xa que a súa limpeza repercute no rendemento destas. O po acumulado nos sistemas de iluminación pode provocar a perda de ata un 10% na iluminación.


Medidas tecnolóxicas:

Na iluminación interior do teu edificio:

  • Tubos fluorescentes con balastros electromagnéticos (recoñécense porque pestanexan ao acender e emiten un lixeiro zunido): pódense cambiar os balastros electromagnéticos por electrónicos, polo que se atinxen aforros enerxéticos do 25% e eliminan o ruído da lámpada, como tamén o molesto pestanexo do arranque. Ou, aínda mellor, podes substituír os fluorescentes por tubos Led, que son as lámpadas máis eficientes no mercado, aforran ata un 65% e posúen unha vida útil de 50.000 horas.

  • Incandescentes: cámbiaas por lámpadas de baixo consumo ou Led. Reducirás o consumo enerxético ata un 80%. Ademais, as lámpadas de baixo consumo duran entre 8 e 10 veces máis que as lámpadas convencionais, no caso do Led, ata 25 veces máis.

  • Halóxenas: pódense substituír por halóxenas de baixo consumo (conséguese un aforro de ata un 40%) ou, se queres a iluminación máis eficiente, instala tecnoloxía a Led (aforra ata un 85%).

Iluminación exterior
  • Se estás a utilizar lámpadas de vapor de mercurio, pódelas substituír por lámpadas de vapor de sodio de alta presión ou Led, que son as máis eficientes.
  • No xardín ou demais zonas exteriores, pódese evitar que queden luces acendidas mediante sistemas de célula fotoeléctrica, que apagan automaticamente a iluminación cando detectan luz natural, ou reloxos astronómicos, cun reloxo interno que controla as horas do amañecer e o atardecer.

  • No mercado existen tamén sistemas de iluminación integrados con fonte solar que se poden instalar en zonas comúns.