Se a caldeira da túa comunidade de veciños utiliza aínda combustibles caros e contaminantes ou tes unha caldeira antiga que require constantemente reparacións, non dubides en solicitar o noso servizo integral Gasconfort.

Gas Natural Fenosa ofréceche a solución Gasconfort, o mellor servizo para transformar a gas natural a túa caldeira centralizada ou renovala por outra de alta eficiencia. Goza de todas as vantaxes do gas natural e consigue ata un 45%1 de aforro para sempre.

 

Un servizo integral que permitirá á túa comunidade

Renovar a súa sala de caldeiras e despreocuparse da súa xestión.

Obter a máxima eficiencia grazas a un completo plan de mantemento2.

Dispoñer dun servizo de asistencia 24 horas, 365 días ao ano e telexestión para que a súa instalación estea sempre controlada.

Sen investimento inicial3, polo que se obterán aforros enerxéticos e económicos dende o primeiro día.


Ademais, se aínda non dispós del, podes engadir o servizo de repartición de custos (obrigatorio antes do 1 de xaneiro de 2017) que permite que cada veciño pague pola enerxía que realmente consume a súa vivenda e non polo seu coeficiente de participación.

Isto supón unha repartición equitativa do custo enerxético e contribúe ao aforro e eficiencia enerxética do edificio. A túa comunidade só ten que preocuparse de gozar da súa calefacción e auga quente.

 

Beneficios

 

Un servizo integral que permitirá á túa comunidade gozar de múltiples beneficios:

Gas Natural Fenosa como único interlocutor para a instalación, o mantemento e o consumo.

Elevada eficiencia das instalacións. As avarías4 e o rendemento correrán a cargo de Gas Natural Fenosa.

Sen investimentos iniciais5.

Aumento do nivel de confort en todas as vivendas.

Sempre á túa disposición co servizo de asistencia 24 horas e 365 días ao ano.

Ambientais. As emisións de CO2 do gas natural son un 25% menores que as do gasóleo e un 40% menores que as do carbón.


Reducir a factura enerxética:

Minimizando a cantidade de combustible utilizado para cubrir as necesidades de calefacción e auga quente.

 

E pagar comodamente:

Co noso Plan de Pagamentos Fixos poderás pagar o mesmo importe cada mes e regularizar ao final do ano.


 

 Para máis información podes chamar o 900 40 20 20.

  Escríbenos

 


(1) Porcentaxe de aforro calculada sobre a base da mellora do rendemento da renovación da caldeira e o aforro no prezo do combustible debido ao cambio de gasóleo por gas natural. A porcentaxe de aforro final dependerá da situación actual da instalación do cliente. (2) Non se realizará o mantemento correctivo dalgúns equipos do cliente que non foran instalados por Gas Natural Fenosa. O cliente deberá reparar as avarías debidas a estes equipos ou instalacións. (3) Sen investimento inicial para o cliente, os custos da instalación amortízanse na cota fixa anual. (4) Non se realizará o mantemento correctivo dalgúns equipos do cliente que non foran instalados por Gas Natural Fenosa. O cliente deberá reparar as avarías debidas a estes equipos ou instalacións. (5) Sen investimento inicial para o cliente, os custos da instalación amortízanse na cota fixa anual. 



Ficheiros relacionados:
 

Descarga toda a información (PDF 375 Kb)
 

Coñece máis detalles de Gasconfort visualizando o seguinte vídeo: