Gas Natural Fenosa desenvolveu a Solución de Repartición&Confort en comunidades de veciños para que cada veciño pague só pola calefacción e auga quente que consume dentro da súa vivenda.

Isto é posible mediante pequenos dispositivos electrónicos, repartidores, que se instalan en cada un dos radiadores da vivenda de forma sinxela e sen cablesEstes dispositivos permiten medir e repartir os gastos de calefacción acorde co consumo real de cada vivenda. Ademais, con fórmula avanzada de Repartición&Confort poderás controlar o consumo mediante válvulas termostáticas, que controlan a temperatura dos radiadores.

Repartición&Confort é un servizo exclusivo para os clientes que decidan renovar a sala de caldeiras da súa comunidade con Gas Natural Fenosa.

Poderás así gozar unha xestión integral das súas instalacións, reducir as túas facturas de enerxía ata un 60%* e aumentar o confort da túa vivenda.
 

Beneficios

  • Repartición equitativa dos gastos de calefacción e auga quente
  • Aforros de ata o 60% grazas a:

Renovación da túa caldeira por caldeiras de alta eficiencia.

Uso de gas natural, un combustible máis económico e menos contaminante.

Costumes máis eficientes dos usuarios ao coñecer o consumo real.

  • Dispositivos pequenos e doados de instalar, sen cableado e sen obras.
  • Sistema de lectura vía radio. Non é necesario entrar nas vivendas para o proceso de lectura.
  • Maior uniformidade na distribución da calor en todos os pisos.
  • Control da temperatura en cada habitación a través de válvulas termostáticas (con Repartición&Confort avanzado).
  • Cumprir coa normativa de contabilización individualizada de consumos, obrigatoria a partir do 1 de xaneiro de 2017, segundo a Directiva de Eficiencia Enerxética 2012/27/EU.


Suma aos beneficios da renovación da túa caldeira, todas as vantaxes dunha contabilización individual.  
 

Para máis información podes chamar ao 900 40 20 20. 

 
*O 0% de aforro motivado pola renovación de caldeira dependerá da situación actual da instalación do clientes e a tecnoloxía concreta a implantar. O aforro motivado por un cambio de costume no usuario ao coñecer o seu consumo real pode chegar ata o 20%. (Fonte: IDAE e AERCCA).

Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información (PDF 370 kb) 

Coñece máis detalles de Repartición&Confort visualizando o seguinte vídeo: