Esta ferramenta gratuíta da Área Privada de Gas Natural Fenosa vai dirixida a empresas, que prestan servizos de xestión enerxética, e a xestorías de empresas, que tamén se encargan de tramitar os contratos das subministracións enerxéticas dos seus clientes.

Aproveita gratis todas as vantaxes da aplicación para xestorías:

✔​ Asignación dos teus clientes ao teu perfil. Asocia os teus clientes ao teu perfil como xestor ou xestoría e vincula os seus contratos enerxéticos para poder consultalos.

✔ Xestión dos contratos enerxéticos dos teus clientes. Consulta calquera dato dos contratos dos clientes que xestionas da forma máis doada.

✔ Xestión de facturas e pagamentos dos teus clientes. Realiza xestións, duplicados de factura, listas de históricos, activa o servizo de factura online, exporta os datos a diversos formatos e imprímeos. Esta información e xestións son accesibles de forma inmediata e centralizada dende a túa conta.


Como utilizar a aplicación?

Primeiro debes rexistrarte e, unha vez dado de alta, poderás acceder para asignar os teus clientes ao teu perfil de xestor e administrar os seus contratos de enerxía.

Encontrarás toda a información sobre a aplicación para xestorías, así como un vídeo explicativo, aquí.

   


Ficheiros relacionados:

Guía rápida de usuario

Formulario de asignación de clientes