Emerxencias de gas

Como actuar se ule a gas?

Airear o local e sae das instalacións.

Pechar os mandos dos aparellos de gas e a chave xeral de paso.

Non manipular aparatos eléctricos nin interruptores.

Chamar o teléfono de emerxencias 900 750 750 e acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.

Evitar xerar faíscas ou chamas de calquera modo.

Esperar a volver abrir a chave de paso ata que a incidencia se solucione.

 

Que facer se non tes gas?

Comprobar que os mandos dos aparatos (cociña, quentador, caldeira, etc.) están pechados.

Verificar que o resto das chaves de paso de gas, se as houbese, están abertas. Se non o están, abrilas.

Esperar un mínimo de 15 minutos (mantendo as chaves de gas abertas e os mandos dos aparatos pechados). Pasado este tempo, comprobar se tes gas acendendo a caldeira ou un lume da cociña do teu negocio.

Contactar co teléfono de Emerxencias 900 750 750, se tras facer as comprobacións anteriores continúas sen gas.


Recorda que o Servizo de Atención de Emerxencias non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación fose propiedade de Gas Natural Fenosa.

No interior do negocio correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado, así como facer un uso axeitado desta.



Emerxencias de electricidade

Como actuar en caso de accidente eléctrico?

Se é posible, cortar a fonte de alimentación da corrente. Se non, coller á vítima pola roupa e tirar dela sen entrar en contacto coa súa pel. Se fose necesario, cobrir as partes nuas con roupa seca antes de tocarlle.

En caso de incendio eléctrico, utilizar un extintor para apagar o lume.

Se se produce unha queimadura localizada, antes de tratala hai que lavarse as mans coidadosamente. Arrefriar a queimadura con auga ou xeo, limpar ao seu arredor cunha compresa húmida e esparexer unha solución antiséptica. Finalmente, cubrir cunha compresa estéril e algodón. Non tocar directamente a queimadura nin abrir as ampolas ou vexigas que se formen nela. Se a queimadura é importante, non poñer cremas e acudir a un centro de asistencia médica.


A distribuidora de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica polo que deberás poñerte en contacto con ela. En caso de ser Unión Fenosa Distribución podes chamar o teléfono 900 333 999.
 

Ten en conta que as instalacións eléctricas interiores son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación interior, pódeseche enviar a un operario especializado para a reparación, pero os custos irán ao teu cargo.
 



Enlaces relacionados:

Teléfonos de contacto