De acordo coa lexislación vixente, o mantemento, a conservación e o bo uso da instalación de gas natural é responsabilidade do titular desta ou, no seu defecto, dos usuarios.

En que consiste a inspección periódica da instalación?

A comprobación, a través das súas partes visibles e accesibles, da estanquidade.

Verificar a correcta combustión hixiénica dos aparatos a gas.

Comprobar a correcta evacuación dos produtos da combustión.


Cando e quen debe realizar a inspección da miña instalación?

As instalacións de gas natural deben ser inspeccionadas periodicamente conforme á lexislación vixente, "As empresas instaladoras de gas habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deberán efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios" (Real Decreto 984/2015, do 30 de outubro).

En caso de que a túa distribuidora sexa Gas Natural Distribución, as visitas prográmanse con varios días de antelación e infórmase da data na que se realizará a inspección mediante cartas aos titulares e carteis de aviso no terreo.


Lembra que...

O persoal de inspección debe ir sempre debidamente acreditado.

O pagamento da inspección da instalación individual efectúase a través da factura do gas, nunca no momento da inspección.

En caso de detectar anomalías na túa instalación, podes pedir o xustificante de corrección de anomalías.
 


 

Enlaces relacionados:

Tarifas do servizo de inspección periódica 

Xustificante de corrección de anomalías 

Identifica o noso persoal