Alta da subministración de gas natural e/ou electricidade

Non teño instalación de gas, que pasos debo seguir para solicitala?

Se o teu negocio aínda non ten instalación de gas natural, podes contactar cun instalador autorizado ou chámanos o 900 100 251 e facilitarémosche toda a información que necesitas coñecer.

Pasos a seguir se non teño dada de alta a subministración de gas e/ou electricidade:

  • Se tes a instalación pero non está dada de alta a subministración: necesitas un Certificado de Instalación Individual en regra (e o Certificado de Instalación Térmica se dispón de calefacción a gas). Para obter estes certificados, ponte en contacto cun instalador autorizado. Visitarante para realizar unha inspección da Instalación Receptora Individual (IRI). Se cumpre coa normativa vixente, o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado de Instalación Individual na mesma visita.
  • Se o teu negocio necesita unha nova subministración: debes realizar a petición correspondente á distribuidora da túa zona.Necesitarás o CUPS, que identifica o teu punto de subministración eléctrica. Se xa o tes, podes chamar directamente ao teléfono 900 100 251, onde che explicaremos os pasos a seguir e a documentación necesaria para contratar a subministración de electricidade.

Que potencia debo contratar para a subministración de electricidade?

Para saber a potencia que tes que contratar, podes sumar a potencia do equipo de maior consumo e a dos demais equipos que se vaian utilizar de forma simultánea. En caso de dúbida, consulta cun instalador autorizado.

En caso de ampliación de potencia terías que aboar a diferenza dos dereitos de acometida correspondentes á nova potencia e á potencia actual.

Baixa de subministración de gas e/ou electricidade

Que supón o cesamento da subministración de gas ou electricidade?

A realización dun cesamento supón o corte de subministración e a retirada do contador.
 

Que pasos debo seguir para cambiar de comercializador?

Se o que desexas é realizar un cambio de comercializador, será o teu novo comercializador quen xestione e solicite a baixa do teu contrato coa comercializadora do Grupo Gas Natural Fenosa.
 
Que debo ter en conta para solicitar o cesamento da subministración?

Podes solicitar online o cesamento de subministración do gas completando este formulario: Solicitar cesamento de subministración de gas. No cesamento da subministración de electricidade, se es cliente dalgunha das comercializadoras de electricidade do Grupo Gas Natural Fenosa (Gas Natural Servizos ou Gas Natural SUR), verifica se a túa subministración é de baixa ou alta/media tensión, consultando na túa factura ou no contrato tipo de subministración:
  • Trátase dunha subministración de baixa tensión cando teñas contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 2.0A / 2.0DHA / 2.1A / 2.1DHA / 3.0A. Normalmente, o centro de transformación será propiedade da distribuidora.

Como solicitar a baixa se a miña subministración é de baixa tensión?

O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. Ten a man unha factura para poder localizar os datos que identifican o punto de subministración a cesar. Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade completando este formulario: Solicitar cesamento de subministración eléctrica

Trátase dunha subministración de alta/media tensión cando teñas contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 3.1A / 6.1A. Normalmente, o centro de transformación será da túa propiedade.


Como solicito a baixa se a miña subministración é de alta tensión?

O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso dunha empresa debe ser o representante.
Se o centro de transformación é propiedade do cliente, no momento de solicitar o cesamento deberás especificar se tamén desexas que se realice a desconexión do centro de transformación. Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade completando este formulario: Solicitar cesamento de subministración eléctrica

A continuación indicámosche os pasos a seguir para solicitar o cesamento dunha subministración de alta/media tensión se prefires facelo por teléfono, nun centro de atención presencial ou por email. O trámite será diferente dependendo da túa subministración, se é de baixa ou alta/media tensión.
 
Para solicitar o cesamento dunha subministración de alta/media tensión:
  1. Descarga o documento de "Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión" que che facilitamos máis abaixo.
  2. Completa a solicitude de cesamento específico para subministración de alta tensión, onde indicarás:
  • Nomes e apelidos do titular ou representante do contrato de enerxía eléctrica.
  • Número de referencia da túa subministración (número CUPS) que encontrarás na factura.
  • Se solicitas que se realice a desconexión do centro de transformación ou non. En ambos os dous casos, deberás indicar a Distribuidora.
  • Teléfono de contacto onde esteas doadamente localizable para concertar a visita de desconexión da subministración.
  1. Achega a fotocopia do documento de identidade do titular ou do representante.
  2. Remite todos os documentos á túa comercializadora a través dunha conta de correo electrónico ou a un número de fax específico.
  3. Contacta coa plataforma de atención ao cliente para que te informen de cal é o enderezo de correo electrónico ou o número de fax correspondente, segundo a comercializadora, e para resolver calquera dúbida sobre como completar o documento.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural Servizos, chama ao 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama ao 900 100 259.
Se o que desexas é contactar por teléfono para que a túa distribuidora retire o contador e che indique os pasos a seguir para solicitar o cesamento de subministración:
  • Se a túa comercializadora do Grupo é Gas Natural Servizos, chama ao teléfono 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama oa teléfono gratuíto 900 100 502.
Tamén podes dirixirte a un centro de atención presencial.
 

Que debo ter presente antes de realizar un cesamento de subministración?

Tras solicitar o cesamento, a distribuidora da túa zona poñerase en contacto contigo para concertar a visita. No momento de realizar o cesamento, é necesaria a presenza do titular ou dalgunha persoa maior de idade autorizada. No caso de que non se poida contactar co cliente para concertar a visita e o contador estea en batería, o cesamento realizarase igualmente.

O cesamento non será efectivo ata que se retire o contador e se tome a lectura. Con esta lectura realizarase a factura de cesamento, na que se liquidarán todos os conceptos pendentes agás o financiamento externo. Se tes un financiamento asociado ao contrato, non será necesario liquidalo ao realizar o cesamento.

Ficheiros relacionados

Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión (PDF 7 Kb)
 
Ligazóns relacionadas

Gas Natural Distribución/Negocio
Como contratar
Pasos para ser cliente
Cambio de titular