Código de Boas Prácticas Comerciais na Venda Presencial de Gas Natural Fenosa:
 

O sistema de actuación comercial debe inspirarse nos principios de información veraz, de transparencia e respecto á vontade do usuario.

As persoas que comercialicen, a domicilio, os produtos e servizos de Gas Natural Fenosa exhibirán a acreditación e por requirimento, deberán exhibir un documento que acredite a súa identidade.

Non se solicitará ningún tipo de dato persoal daqueles usuarios que non estean interesados na oferta comercial.

se facilitará información comercial e se solicitarán datos persoais de persoas maiores de 18 anos.

Non se solicitarán datos persoais nin se subscribirán ofertas comerciais dos que non estean en disposición de comprender da información.

Toda a información que se facilite aos consumidores no proceso de comercialización de produtos e servizos deberá estar debidamente reflectida na copia do contrato.