Como funciona o Plan de Pagamentos Fixos?

11 meses de cota fixa. Para calcular o importe da cota fixa, faremos unha estimación do consumo anual, segundo o consumo histórico e o equipamento do teu negocio. Cada ano iremos revisándoa para adaptala aos teus hábitos de consumo.

1 cota de regularización no mes 12. É a diferenza entre o importe pagado durante os 11 meses anteriores e o importe total do teu consumo real ao final do mes 12.

Se o importe de consumo real é menor ao importe pagado durante os 11 meses,devolvémosche a diferenza.

Se a cota de regularización é superior á túa cota fixa, ofrecémosche fraccionar o pagamento durante os seguintes meses, chamando ao teléfono gratuíto 900 100 251.


Recorda que para beneficiarte das vantaxes do Plan de Pagamentos Fixos debes ter o pagamento domiciliado nunha conta bancaria.
Solicita xa o teu Plan de Pagamentos Fixos!
900 100 251

Para subministracións de gas natural con tarifas 3.3/3.4 e de electricidade con tarifas 2.1 A/2.1 DHA. 



Enlaces relacionados:

Financiación Aire Acondicionado

Financiación Calefacción