O gas natural é un combustible máis económico e ecolóxico que os tradicionais. Ofrecémosche un servizo integral e personalizado para que accedas ao uso do gas natural como combustible e aforrar na túa factura con respecto aos combustibles tradicionais, ademais de reducir as túas emisións, xa que o gas natural é o combustible idóneo para zonas ECA, SECA e NECA.

Existen motores a gas natural (como os de ROLLS-ROYCE) e os dual-fuel, no que o motor utiliza unha mestura de diésel e gas natural (como os de WÄRTSILÄ). Ademais da posibilidade de retrofit (transformación de motores) a dual-fuel.
 

Transformación de vehículos

Os motores transfórmanse en talleres especializados. A intervención consiste na instalación dun kit de transformación que proporciona os elementos necesarios para que o vehículo funcione con gas natural como carburante, coa vantaxe de seguir mantendo o funcionamento mediante diésel, combinando ambos os dous combustibles na mestura de combustión.
 

Descontos e bonos

Se decides adquirir ou transformar unha embarcación a gas, poderás beneficiarte de ofertas. 

Escríbenos

Modos de carga para embarcacións

  • Dende buque (Ship to Ship - STS).
  • Dende camión cisterna (Tank Truck to Ship - TTS).
  • Dende estación (Terminal-to-Ship via Pipeline - TPS).
  • Colectores portátiles (IMO Tank).
 

Construción de estacións de servizo

Podes ter á túa disposición unha estación de recarga. Gas Natural Fenosa encárgase do deseño, construción e operación das estacións sen que teñas que realizar ningún investimento. Contacta connosco para máis información.


Para máis información chámanos ao 900 40 20 20

 

 


Ficheros relacionados:

Catálogo de vehículos de gas natural​


Enlaces relacionados:

Localizador de estacións de carga 



Solucións de mobilidade: