Para os concellos ou empresas de servizos públicos que queiran reducir a contaminación e os custos de transporte, Gas Natural Fenosa ofrece un servizo integral e personalizado para acceder ao uso do gas natural como combustible.

Poderás así diminuír o custo do combustible ata o 50% respecto aos tradicionais, ademais de reducir de xeito eficaz as emisións contaminantes da túa frota. 
 

Ofrecémosche:

Bonos e descontos

Gas Natural Fenosa ofréceche interesantes ofertas se decides adquirir ou transformar un vehículo a gas. 

Escríbenos

Tarxeta de cliente

Coa tarxeta cliente poderás repoñer nas estacións de Gas Natural Fenosa a prezos competitivos e aproveitar todos os bonos e descontos. A tarxeta non ten custos de mantemento.
 

Construción de estacións

Gas Natural Fenosa ocúpase do deseño, execución e operación dunha estación de gas natural, para que a túa frota poida repoñer de xeito rápido. Non terás que realizar ningún investimento para a construción da instalación porque Gas Natural Fenosa se encargará de todo.

Gas Natural Fenosa é a única empresa en España que acredita unha experiencia de máis de 20 anos ofrecendo solucións de mobilidade sostible co menor impacto ambiental.

Xa son os nosos clientes os Concellos de MadridBarcelonaValenciaMurcia e Guadalaxara con máis de 1.500 autobuses a gas natural, ademais de grandes empresas concesionarias de servizos públicos como Urbaser.


Para máis información chámanos ao 900 40 20 20

 


 


Enlaces relacionados:

Localizador de estacións de carga​


Ficheiros relacionados:

Caso de éxito - Centro de Operacións da EMT de Madrid (PDF 287 Kb)

Caso de éxito - SEAT León ST 1.4 TGI (100 CV): viaxe Barcelona a Madrid por 20 €  (PDF 269 Kb)

Catálogo de vehículos de gas natural 



Solucións de mobilidade: