As empresas cun custo crecente en combustible, así como con políticas de responsabilidade social corporativa orientadas a reducir o impacto do transporte sobre o ambiente, poden confiar hoxe nas solucións de mobilidade de Gas Natural Fenosa.

Ofrecémosche un servizo integral e personalizado para que accedas ao uso do gas natural como combustible, no que poderás aforrar ata o 50% na túa factura con respecto aos combustibles tradicionais e reducir deste xeito as túas emisións á atmosfera.

 

Ofrecémosche:

Descontos e bonos

Gas Natural Fenosa ofréceche interesantes ofertas se decides adquirir ou transformar un vehículo a gas. 

Escríbenos 

 

Coa tarxeta cliente de Gas Natural Fenosa poderás repoñer nas nosas estacións a prezos competitivos e beneficiarte de vantaxosas políticas de desconto. A nosa tarxeta non ten custo de mantemento. Ademais, non hai obriga dun consumo mínimo e non é necesario un aval para utilizar a tarxeta.

Importantes empresas de transporte xa teñen camións de gas natural que lle permitiron incrementar a súa competitividade e reducir ata un 80% as emisións á atmosfera.
 

Construción de estacións de servizo

No caso de frotas con consumo intensivo, podes ter á túa disposición unha estación de recarga. Gas Natural Fenosa encárgase do deseño, construción e operación das estacións sen que teñas que realizar ningún investimento. 

Escríbenos

Transformación de vehículos

Os camións de gasóleo pódense transformar para o seu uso con gas natural en talleres especializados. Consiste na instalación dun kit de transformación que proporciona os elementos necesarios para que o vehículo funcione con mesturas de gas natural e gasóleo, coa vantaxe de poder seguir mantendo o funcionamento en exclusiva con gasóleo. 

 

Para máis información, chámanos ao 900 40 20 20

 



Enlaces relacionados:

Localizador de estacións de carga

Ficheros relacionados:  

Catálogo de vehículos de gas natural



Solucións de mobilidade: