Ofrece gas natural na túa estación de servizo. Os propietarios de estacións de servizo poden ampliar a súa oferta e posibilidade de ingresos ao instalaren un surtidor de gas natural dentro da súa área de servizo.

Gas Natural Fenosa é a empresa que conta co maior número de estacións de recarga en España e ofréceche a súa experiencia para ampliar as posibilidades do teu negocio.

 

Ofrecémosche:

Construción de estacións de recarga
Deseño, execución e mantemento dunha estación de gas natural. A construción e a subministración de gas natural realízase coa máxima seguridade e os surtidores non necesitan a presenza de persoal para efectuar a recarga do vehículo.

Gas Natural Fenosa ofréceche a posibilidade de instalar surtidores de:

Gas Natural Comprimido (GNC): utilizado por vehículos lixeiros, autobuses, camións e furgonetas.

Gas Natural Licuado (GNL): utilizado por camións de longo percorrido. 

Non terás que realizar ningún investimento para a construción da instalación porque Gas Natural Fenosa se encargará de todo.

Tarxeta de cliente
Ofrecemos aos condutores de vehículos de gas natural unha modalidade de pagamento alternativa á tarxeta de crédito. Gas Natural Fenosa desenvolveu unha tarxeta especial para repoñer nas súas estacións de servizo. Este medio de pagamento é seguro e non implica ningunha comisión para o xestor da estación. Unha oportunidade máis para poder fidelizar os teus clientes.

Para máis información, chámanos ao 900 40 20 20.

Chamámoste?
 

 


Enlaces relacionados:

Localizador de estacións de carga

Ficheiros relacionados: 

Catálogo de vehículos de gas natural
 

Solucións de mobilidade: