De empregares maquinaria especial, como carretas elevadoras, a utilización do gas natural como combustible, ademais de aforrar na túa factura de combustible, permite reducir a contaminación do aire das zonas de traballo; beneficiará aos traballadores e mellorará a limpeza, así como evitará a emisión de partículas que poidan ensuciar as mercadorías.

 

 Maquinaria de gas natural

No mercado podes comprar maquinaria especial que utiliza o gas natural como combustible, ou transformar a túa maquinaria actual a gas natural, de xeito simple e seguro.
 

 Construción de estacións de servizo

Deseño, execución e operación dunha estación de gas natural, específica para a recarga da maquinaria. Non terás que realizar ningún investimento para a construción da instalación porque Gas Natural Fenosa se encargará de todo.
 

 Tarxeta cliente

Coa tarxeta cliente de Gas Natural Fenosa poderás xestionar e controlar as recargas da maquinaria e beneficiaraste dunha facturación ao final do mes, sen custo de mantemento nin obrigas de consumo mínimo.

 

Para máis información, chámanos ao 900 40 20 20.
 



Enlaces relacionados:

Localizador de estacións de carga


Ficheiros relacionados:

Catálogo de vehículos de gas natural



Solucións de mobilidade: