En España pódense adquirir vehículos bifuel, é dicir vehículos que funcionan con gas natural e gasolina, como por exemplo:

  • Fiat Panda.
  • Fiat Dobló.
  • Fiat Punto.
  • Mercedes clase B.
  • Mercedes clase E.
  • Seat León.
  • Seat León ST.
  • Seat Mii ecofuel.
  • Skoda Octavia.
  • Volkswagen Caddy.
  • Volkswagen Golf.
  • Volkswagen Passat.


Todos os vehículos de gas natural bifuel dispoñen de dous depósitos, un para o gas natural e outro para a gasolina. O vehículo funciona prioritariamente en modo gas natural (GNC) e pasa a funcionar con gasolina no caso de ter esgotado o depósito de GNC. A autonomía dos vehículos bifuel adoita ser superior aos vehículos só a gasolina e poden chegar ata os 1.500 km.
 

Transformación de vehículos

Podes transformar o teu coche de gasolina en talleres especializados. A transformación consiste na instalación dun kit de transformación cos elementos necesarios para que o vehículo use o gas natural como carburante, coa vantaxe de que se mantén o funcionamento con gasolina e pode funcionar con ambos os dous combustibles de xeito alternativo. Para saber o taller de transformación máis próximo:
 

Escríbenos

Descontos e bonos

Se decides comprar un vehículo de gas natural ou transformar o teu vehículo, poderás beneficiarte de ofertas.
 

Escríbenos

 

Tarxeta cliente

Ofrecémosche a exclusiva tarxeta de Gas Natural Fenosa para que poidas recargarnas nosas estacións a prezos competitivos e con toda comodidade. Coa tarxeta cliente poderás beneficiarte da facturación a final de mes, sen ningunha obriga de consumo.

 

Para máis información, chámanos ao 900 40 20 20.

 
 

Enlaces relacionados:

Localizador estacións de carga


Ficheiros relacionados:

Catalogo de vehículos de gas natural

 


Solucións de mobilidade: