O refrixerante R22 era moi utilizado en equipos de refrixeración e aire acondicionado ata hai uns anos. Este refrixerante pertence ao grupo dos hidroclorofluorocarbonos (HCFC), compostos que danan a capa de ozono.

Por este motivo a Unión Europea, mediante o Regulamento 1005/2009 sobre as substancias que esgotan a capa de ozono, estableceu un calendario para a eliminación total do refrixerante R22 en 2015.

A pesar da súa escaseza e alto prezo, ata finais de 2014 permitiuse usar R22 reciclado para recarga e mantemento de equipos. Substituír o R22 por outro refrixerante menos nocivo mantendo os mesmos equipos afecta seriamente ao rendemento, que pode diminuír ata un 30%.

Por iso, Gas Natural Fenosa recomenda que substitúas os teus equipos con R22 por outros que utilicen refrixerantes permitidos e que teñan unha elevada eficiencia enerxética, o cal redundará nun maior aforro económico.

Para máis información, chámanos ao 900 40 20 20.

Chamámoste?                        Escríbenos


Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información (PDF 291Kb)