Independentemente da época do ano, a partir de certa profundidade, o subsolo encóntrase a unha temperatura practicamente constante durante todo o ano.

Entre 15 m e 20 m, a temperatura do subsolo estabilízase arredor dos 17º C.

  • No inverno, as bombas de calor xeotérmicas absorben a calor do subsolo e funcionan como calefacción.
  • No verán, capturan a temperatura máis fría do subsolo para refrixerar o ambiente.

 

Como se instalan?

A bomba de calor xeotérmica funciona como unha bomba de calor convencional e como todas necesita unha achega de enerxía eléctrica, polo que se require unha conexión á rede.

A súa peculiaridade reside en que o intercambio de calor se realiza co subsolo (nas bombas tradicionais adóitase realizar co aire exterior). Este intercambio térmico co subsolo pode realizarse de diversas formas, aínda que as máis estendidas son:

Sistema de captación vertical
O intercambiador xeotérmico disponse de xeito vertical, xeralmente a profundidades de entre 80 m e 120 m. Non require de superficies de captación tan grandes como o sistema mediante captación horizontal, pero require dunha maior especialización por parte da empresa instaladora.
 
Sistema de captación horizontal
O intercambiador xeotérmico disponse de xeito horizontal, xeralmente a profundidades de entre 1,5 m e 2 m. Respecto ao sistema de captación vertical, require unha maior superficie ocupada, pero os seus custos de implantación son, en xeral, menores.

O tipo, tamaño e xeometría do captador xeotérmico determínanse unha vez que se coñece a demanda enerxética do edificio e as condicións do terreo. En xeral, para instalacións maiores de 30 kW, esta caracterización térmica do subsolo lévase a cabo mediante unha proba in situ, no lugar onde se vai realizar a captación xeotérmica, denominada Test de Resposta Térmica do terreo (TRT).

A presenza de augas subterráneas non só non impide a implantación do sistema de captación xeotérmico, senón que a súa presenza favorece o intercambio térmico e a eficiencia da instalación.
 

Ficheiros relacionados:

Descarga toda la información (PDF 953 Kb)