A clasificación dos edificios en función do seu consumo enerxético e emisións de CObusca crear edificios e casas de alta eficiencia enerxética. E isto, a partir de agora, controlarase a través do certificado de eficiencia enerxética.

 

Que é o certificado de eficiencia enerxética?

É o documento que reflicte o consumo enerxético dunha vivenda, local, oficina ou edificio. Ten unha validez de 10 anos e é o propietario o responsable de solicitalo. Ter un certificado é obrigatorio para a venda ou aluguer dun local ou vivenda e a súa ausencia pode incorrer nunha multa.


Para que serve?

O certificado de eficiencia enerxética serve de información para futuros inquilinos e compradores. Informa sobre o comportamento enerxético dun inmoble, é dicir, canto mellor sexa este comportamento, máis baixas serán as facturas de luz e gas. Ademais, incorpora un número suficiente de medidas, recomendadas polo técnico competente, para que o inmoble consuma menos e se reduzan os importes das facturas.


Que inmobles necesitan ser certificados?

Todos aqueles inmobles que se poñan en venda ou alugamento que non dispoña xa do seu certificado enerxético en vigor. Dende 2007 xa é obrigatorio o certificado enerxético para edificios de nova construción.


Como se solicita o certificado

O propietario elixirá técnicos profesionais individuais habilitados ou compañías especializadas que serán os encargados de realizalo. O certificado ten que estar rexistrado no órgano competente de cada comunidade autónoma.


Queres mellorar a cualificación enerxética?

  • Modifica as instalacións enerxéticas: caldeiras, refrixeración e iluminación.

  • Mellora a "pel" do edificio: cubertas, fachadas e patios, a partir do illamento e os pechamentos.

  • Fai un bo uso: mantemento, control e seguimento do edificio.



Enlaces relacionados:

Eficiencia enerxética para empresas