Este servizo estuda para cada subministración a potencia que mellor se adapta ás súas necesidades de consumo. Desta forma, axudamos os nosos clientes a aforrar de xeito doado e práctico, sen a necesidade de realizar grandes investimentos iniciais nas súas instalacións.

As principais características do Servizo de Aforro Enerxético son:

 Alcance. Xérase un informe por cada subministración que teña contratada connosco nas tarifas 3.0A ou 3.1A.

 Seguimento. Periodicamente estudaremos as súas subministracións e, en función dos resultados, elaboraremos un informe para trasladarlle os datos obtidos. A periodicidade do informe varía segundo as condicións de cada subministración.

 Servizo personalizado. Estuda o comportamento da súa subministración durante os últimos meses e analiza a potencia que mellor se adapta ás súas necesidades.

 Aforro monetario directo. Compárase a potencia óptima coa potencia actualmente contratada e exprésase en euros o potencial de aforro que ten cada subministración.

 Transparencia. Os resultados móstranse nun sinxelo informe dunha páxina que se entrega ao cliente como resultado do estudo.


Todo isto de xeito gratuíto para os nosos clientes.
 



Enlaces relacionados:

Certificación enerxética