Principais resultados de aforro do estudo:

O Índice de Eficiencia Enerxética nas Pemes (IEEP) obtén unha valoración de 5,6 puntos sobre 10.

aforro que potencialmente se podía alcanzar nas Pemes implementando medidas de enerxía eficienteascende a un 25,9%. A iluminación ten un peso importante, só mellorando este aspecto alcanzaríase un 11% de aforro.

82,3% das pemes non teñen penalización por enerxía reactiva nas súas facturas eléctricas. Daquelas que si que o teñen, só a metade o solucionaron con baterías de condensadores.

36,3% das empresas realizou unha optimización de tarifa ou axuste de potencia no último ano.

14,7% das empresas aínda non coñece a tecnoloxía led e, por conseguinte, está a perder unha grande oportunidade de aforro a curto prazo.

 

Para a elaboración da edición 2014, realizáronse 2.000 entrevistas telefónicas, conforme a criterios de representatividade territorial e tamaño de empresa e sector, o que nos ofrece unha precisión de 1,4% nun intervalo de confianza do 95,5%.

A mostra foi seleccionada entre empresas de ata 250 empregados, pertencentes aos sectores de comercio, industria, hoteis, oficinas/servizos profesionais, restaurantes e cafetarías, e o resto de actividades (engloba as empresas non incluídas nos sectores anteriores) para buscar a representatividade nacional, sectorial e autonómica.

Utilizouse o Directorio Central de Empresas (DIRCE) do Instituto Nacional de Estatística (INE) para determinar as poboacións obxecto de análise e, polo tanto, o tamaño da mostra. O universo estaba formado por Clientes e non Clientes de Gas Natural Fenosa. O Índice de Eficiencia Enerxética nas Pemes (IEEP) obtén unha valoración de 5,6 puntos sobre 10.
 



Ficheiros relacionados:

Oitavo Índice de Eficiencia Enerxética nas Pemes (PDF 2.3 Mb)


Enlaces relacionados:

Certificación enerxética