O gas natural para vehículos, tamén denominado GNV (Gas Natural Vehicular), constitúe unha alternativa máis económica e sostible aos combustibles tradicionais. 

O gas natural empregado como combustible vehicular é o mesmo que se emprega na calefacción ou produción de auga quente, pero subminístrase nunhas condicións especiais de presión e temperatura que permite a carga en vehículos.

Comercialízase en forma de Gas Natural Comprimido (GNC) ou Gas Natural Licuado (GNL). O primeiro comprímese e o segundo subminístrase en forma líquida a baixa temperatura.

Nas estacións de servizo de Gas Natural Fenosa pódese repoñer o gas natural nas súas dúas formas: GNC e/ou GNL.

 

Beneficios

Beneficios económicos

Aforro en combustible entre o 25% e o 50% respecto a un vehículo convencional, en función da solución adoptada.

Exemplos:

  • Transporte: Km percorridos con 100€
    Gasóleo: 255 km
    Gas natural: 357 km
     
  • Automóviles: Km percorridos con 20€
    Gasóleo: 375 km
    Gas natural: 555km
 

Beneficios ambientais

Redúcense ata un 85% as emisións de óxidos de nitróxeno (NOxe máis do 95% do material particulado, principais contaminantes atmosféricos nas nosas cidades.

Redúcense as emisións de dióxido de carbono (CO2) ata nun 30%, o que contribúe a paliar o efecto invernadoiro.

Non contén chumbo nin trazas de metais pesados.

Non emite dióxido de xofre (SO2).


Beneficios acústicos

Os motores de gas natural producen ata un 50% menos de emisión sonora e vibracións que os motores tipo diésel.



Cada necesidade require unha solución distinta, selecciona e descobre a túa oferta:

Estacións de servizo

Particulares

Taxis

Autónomos

Empresas de transporte e distribución

Concellos e empresas de servizos públicos

Barcos

Maquinaria especial

 

Características principales

Gas Natural Comprimido (GNC)              
  • Condiciones de suministro: Comprimido

  • Autonomía vehículo: Entre 400 km e 600 km

  • Tipo de vehículos: Vehículos lixeiros, camións, autobuses

 
Gas Natural Licuado (GNL)
  • Condiciones de suministro:  Líquido a baixa temperatura

  • Autonomía vehículo: > 1000 km

  • Tipo de vehículos: Camións de longo percorrido 

O proceso e o tempo de recarga dun vehículo de gas natural é parecido ao da gasolina ou gasóleo.


Diferenzas entre o gas natural e outros carburantes
 

Máis económico. O gas natural é máis económico que os carburantes tradicionais (gasolina e gasóleo) e que outros gases empregados como carburantes, como o GLP (Gas Licuado do Petróleo) ou coñecido comercialmente como autogás. Aforro co gas natural: 

  • 50% respeto a la gasolina

  • 30% respecto al gasóleo

  • 25% respecto al GLP

Menos emisións á atmosfera. Utilizar o gas natural como alternativa aos carburantes tradicionais e ao GLP permite reducir drasticamente as emisións en atmosfera. As reducións de emisións que o gas natural pode conseguir respecto aos combustibles tradicionais son: 
  • Gasolina
    NOx: 15%   
    Partículas: 0%          
    CO2: 30%   
  • Gasóleo
    NOx: >80%
    Partículas: >95%     
    CO2: 15%
  • GLP
    NOx: 15%
    Partículas: 0%
    CO2: 12%

O gas máis seguro e menos inflamable. O gas natural como carburante para o transporte desenvolveuse cun elevado nivel de seguridade. O alto nivel de esixencia das normas aplicables aos compoñentes para a utilización do gas natural en vehículos fai que a súa utilización e almacenamento sexan moi seguros. Ademais, dado que o gas natural é un gas menos denso que o aire, a diferenza dos combustibles líquidos ou licuados do petróleo, non ten tendencia a acumularse en espazos ou ocos de vehículos ou recintos.

Menor dependencia do petróleo. O gas natural é a alternativa real e económica que permite reducir a dependencia dos combustibles derivados do petróleo en todos os segmentos da mobilidade: terrestre de curta e longa distancia, mariña e ferroviaria.


Ten en conta o gas natural cando cambies de coche. Máis aforro e menos contaminación só con gas natural.
 

Encontra a estación de carga de GNC y/o GNL máis próxima: 

Encontra estación

Vídeo de instrucións de carga de GNL  (Abre en ventá nova)
Vídeo de instrucións de carga de GNC  (Abre en ventá nova)

 

Chámanos ao 900 40 20 20

Para calquera dúbida ou consulta:

Escríbenos

 


Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información (PDF 501 Kb)

Manual de instrucciones de carga (PDF 1.6 Mb)

Descargar caso de éxito EMT (PDF 289 Kb)

Descargar caso de éxito SEAT León (PDF 271 Kb)

Catálogo de vehículos de gas natural



Solucións de mobilidade sustentable