Gas Natural Fenosa renova os teus equipos de climatización, seleccionando o sistema que mellor se adapta ás túas necesidades (bomba de calor, arrefriadora, etc.), permitindo climatizar as túas instalacións todo o ano e aforrando ata o 45% na túa climatización respecto a outros sistemas enerxéticos.

A través do pagamento dunha variable mensual e unha cota fixa, calculadas en función do consumo e do tamaño da túa instalación, Gas Natural Fenosa ofréceche un completo servizo que cubrirá as túas necesidades de calefacción, refrixeración e auga quente (ACS), para que ti aforres dende o primeiro día.

A tecnoloxía utilizada alcanza coeficientes de rendemento ata o 400% e ademais se adapta á prohibición de recarga do refrixerante R22.


Beneficios de Climaconfort:

Aforrar enerxía e diñeiro dende o primeiro día.

Máximo confort coa maior eficiencia enerxética.

Sen investimento inicial.

Flexibilidade de financiamento.

Cumprimento da normativa de eliminación de equipos con refrixeración R22 prohibidos para 2015 (Regulamento Europeo 1005/2009) 

Mantemento das instalacións.

Atención personalizada.

Servizo de asistencia 24 horas ao día e 365 días ao ano.

Diminúe o impacto ambiental.

pagarás pola enerxía que realmente utilizas e non polo consumo eléctrico. Gas Natural Fenosa responsabilízase do rendemento das instalacións.

Tras a finalización do contrato, a instalación amortizada e mantida integralmente pasa a ser túa e os aforros incrementan considerablemente.


¿Por que contratar con Gas Natural Fenosa?

Porque contarás cun equipo profesional altamente cualificado.

Porque non realizarás ningún investimento inicial e pagarás en función da túa enerxía útil.

Porque te sentirás seguro sabendo que a xestión da instalación está en boas mans e constantemente monitorizada.

 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20.

Se tes algunha dúbida, escríbenos. Estamos á túa disposición:

Escríbenos

 


« Volver a Catálogo de Solucións
 



Ficheiros relacionados:

Descarga toda la información (PDF 291 Kb)