As túas instalacións son antigas ou seguen funcionando con combustibles ineficientes como o gasóleo ou o carbón? Cámbiate a gas natural e consegue ata un 36%1 de aforro para sempre.

Gas Natural Fenosa ofrece solucións enerxéticas para o teu negocio, permitindo renovar as túas instalacións sen realizar investimento inicial, obtendo aforros enerxéticos e económicos dende o primeiro día.

Gasconfort responde ás necesidades enerxéticas da túa empresa sexan cuales sexan, permitindo externalizar a sala de caldeiras, adecuala á normativa vixente, cambiar o combustible por gas natural ou simplemente obter a súa máxima eficiencia grazas a unha óptima xestión.

Gas Natural Fenosa ocúpase de todas as operacións para o correcto funcionamento das instalacións.
 

Beneficios de Gasconfort

Un servizo integral que permitirá ao teu negocio...

Renovar as túas instalacións e despreocuparse da súa xestión.

Obter a máxima eficiencia grazas a un completo plan de mantemento.

Conseguir o nivel de confort desexado.
 

… reducir a factura enerxética...

Aforro inmediato. Poderás minimizar a cantidade de combustible utilizado para cubrir todas as túas necesidades enerxéticas e poderás reducir así as túas facturas enerxéticas.
 

 

… e gozar de múltiples beneficios

Único interlocutor. Gas Natural Fenosa como único interlocutor para a instalación, o mantemento e o consumo.

Sen investimentos iniciais1. Gas Natural Fenosa asume o custo.

Elevada eficiencia das instalacións. Gas Natural Fenosa farase cargo de todas as avarías e do rendemento das novas instalacións2.

Asistencia continúa. Servizo de asistencia 24 horas e 365 días ao ano.

Telexestión e máxima seguridade. A túa instalación estará sempre controlada dende as nosas oficinas.

Comodidade de pagamento. Co plan de pagamentos fixos pagarás o mesmo importe cada mes cunha regularización ao final do ano.

Ambientais. As emisións de CO2 do gas natural son un 25% menores que as do gasóleo e un 40% menores que os do carbón.

 

Por que contratar con Gas Natural Fenosa?

Porque contarás coa confianza dun experto.

Porque a execución da obra se realizará con total profesionalidade e responsabilidade.

Porque te sentirás seguro sabendo que a xestión da instalación está en boas mans.


E ademais...

Porque pode acollerse a un cómodo plan de pagamentos fixos para repartir os gastos do inverno ao longo do ano. 
 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20.

Estamos á túa disposición.Se tes algunha dúbida, escríbenos. 

Escríbenos

 


« Volver a Catálogo de Solucións
 


(1) O % de aforro dependerá da situación actual da instalación do cliente e a tecnoloxía concreta que se implante. (2) Non se realizará o mantemento correctivo daqueles equipos do cliente que non fosen instalados por Gas Natural Fenosa. O cliente deberá reparar as avarías debidas a estes equipos ou instalacións. | (3) Sen investimento inicial para o cliente, os custos da instalación amortízanse na cota fixa anual.

 

Ficheiros relacionados:

Descarga toda la información (PDF 375Kb)

Conoce los casos de éxito de Gasconfort