E se aforras ata o 70% en iluminación? coa solución Ledplus poderás substituír toda a iluminación do teu negocio por tecnoloxía led.

Ledplus é un servizo chave en man que inclúe a subministración de electricidade, a renovación de toda a iluminación incluíndo desmontaxe, retirada e reciclaxe dos antigos equipos e garantía total dos equipos.

Os proxectos Ledplus son realizados por expertos en iluminación que analizarán e realizarán un proxecto á medida das túas instalacións coa última tecnoloxía no campo da iluminación de alta eficiencia. Ademais, Gas Natural Fenosa amplía a garantía do fabricante para toda a duración do contrato. A nova iluminación led, ademais de aforrar enerxía mellora o confort visual respecto ás solucións convencionais, xa que proporciona un maior nivel de iluminación e unha mellor reprodución das cores, aumentando a sensación tanto de luminosidade coma de confort.

Con Ledplus gozarás durante todo o contrato de ofertas de electricidade adaptadas ás túas necesidades. Ademais, poderás pagalo en cómodos prazos esen necesidade de realizar un desembolso inicial.
 

Beneficios de Ledplus

Aforro económico desde o primeiro día, incluída a nova cota a pagar en cómodos prazos.

Aforros enerxéticos de ata o 70% do consumo de iluminación desde a primeira factura

Diminución da potencia contratada: ao diminuír a potencia da súa instalación poderá aforrar no termo fixo da súa factura eléctrica

Ampliación da garantía dos equipos a toda a duración do contrato.

Baixa a potencia instalada, podendo axustar a túa potencia e pagar menos termo fixo

Aumento do confort, ao mellorar o nivel e a calidade da iluminación. Sen pestanexos.

Redución dos custos de mantemento: a elevada vida útil das lámpadas reduce drasticamente os custos de reposición.

Elevada vida útil: os equipos led instalados por Gas Natural Fenosa poden chegar a ter 
unha vida útil de 50.000 horas (100.000 horas en iluminación exterior).

Reduce as penalizacións por enerxía reactiva.

Instalación segura: a instalación dos novos equipos led será realizada por instaladores autorizados.

Limpeza das luminarias que non se renoven para mellorar o nivel de iluminación e o seu aspecto.

Reciclaxe de todos os equipos que serán retirados por empresas autorizadas.

Doada e rápida instalación. Non afecta nin a escaiola nin a pintura.

Atención 24 h, 365 días ao ano.

 

Elixe a tarifa eléctrica que máis che interese contratar dentro do servizo Ledplus:

Ofertas de electricidade Index OMIE, para clientes que queren ver reflectidos os prezos do mercado na túa factura eléctrica. Consiste nunha Tarifa Indexada con prezo da enerxía referenciado ás variacións do mercado diario de compra-venda OMIE.

Á medida, para clientes que queren unha tarifa plana que se manteña todo o contrato, sen sobresaltos. Trátase dunha Tarifa Fixa con prezo da enerxía fixa durante 24 meses.
 

Son cliente de Tarifa Índex OMIE

Busco máximo aforro.

Non preciso coñecer o prezo da miña electricidade a longo prazo.
 

Son cliente Tarifa á medida

Busco máxima tranquilidade. 

Preciso planificar os meus custos eléctricos con antelación.

 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20.

Para consultas ou contratacións:

 


« Volver a Catálogo de Solucións
 


 


Archivos relacionados:

Descarga toda la información


Ficheiros relacionados:

Ledplus para pistas deportivas

 

Coñece máis detalles de Ledplus  visualizando o seguinte vídeo: