Opción biomasa é a solución renovable coa que poderás renovar as túas instalacións para que funcionen con biomasa. Gas Natural Fenosa ofréceche unha xestión integral que inclúe:

Renovación e transformación da instalación: realización do proxecto, renovación do equipamento, construción da sala de caldeiras de biomasa, execución da obra e legalización das instalacións.

Adecuación das instalacións á normativa vixente.

Funcionamento estable, económico e eficiente da túa instalación. Por ese motivo, convértese na solución enerxética máis aconsellable para granxas e hoteis rurais.

Subministración garantida de pellets certificados (Enplus) ou acha certificada coa mellor relación calidade-prezo.

Transporte e loxística da subministración da biomasa.

Facturación por combustible ou por consumo de enerxía útil, (calefacción e/ou auga quente / calor de proceso / vapor).

Atención personalizada.

Telegestión e control informático central da instalación.

 Mantemento preventivo e a todo risco.


Todo para que as túas instalacións operen coa máxima eficiencia enerxética e só teñas que ocuparche de gozar da túa calefacción, auga quente e calor de proceso.

 

Beneficios da Biomasa

Non ter que realizar investimentos iniciais, xa que Gas Natural Fenosa che proporciona ata o 100% de financiamento.

Gozar con toda tranquilidade da túa instalación, grazas á garantía de subministración continua de biomasa e a monitorización 24 horas/365 días ao ano da instalación.

Beneficiarte das subvencións dispoñibles. Gas Natural Fenosa ocúpase de toda a tramitación.

Contribuír ao medio, sabendo que estás a utilizar enerxía renovable e só biomasa certificada Enplus.

Beneficiarche dun rendemento óptimo das instalacións, porque Gas Natural Fenosa instala só caldeiras de biomasa de primeiras marcas e realiza un mantemento preventivo e a todo risco durante toda a duración do contrato.

A tranquilidade de conseguir un funcionamento estable, económico e eficiente para a instalación do teu negocio rural como granxas e hoteis rurais.
 

Para máis información podes chamar ao 900 40 20 20.

Para consultas ou contratacións:

   Escríbenos


« Volver a Catálogo de Solucións
 


 

Ficheiros relacionados:

Descarga toda la información


Enlaces relacionados:

Eficiencia energética para empresas



Coñece máis detalles de Opción Biomasa visualizando o seguinte vídeo: