Coa Solución Opción GNL (Gas Natural Licuado), a túa empresa poderá cubrir, á vez, todas as súas necesidades enerxéticas (calefacción, auga quente sanitaria, calor para procesos industriais ou usos directos en cociñas, fornos...) utilizando gas natural, aínda que se encontre lonxe da rede canalizada.

Gas Natural Fenosa ofréceche a subministración de enerxía en contratos a longo prazo coa seguridade dun aprovisionamento continuo, facéndose cargo da loxística de aprovisionamento do combustible así como da infraestrutura do almacenamento.

 

Qué es GNL?

O GNL é gas natural que foi procesado para ser transportado de forma líquida converténdose na mellor alternativa para empresas afastadas da rede de distribución. 

Transpórtase en camións cisterna nunhas condicións de presión e temperatura (sobre os -160 ºC) que fan que o gas estea en estado líquido (ocupando menos espazo, o que permite transportar máis cantidade).

A telegestión online de Gas Natural Fenosa supervisa todo o proceso, asegurando o correcto funcionamento do servizo, permitindo reaccionar ante calquera imprevisto.

Unha vez a cisterna chega ás instalacións do cliente, inxéctase no depósito no mesmo estado líquido; e para o seu uso final pasa polos regasificadores nos que o gas licuado gaña temperatura e presión e vólvese a transformar en gas.

A continuación entra na estación reguladora onde acada a presión de subministración axeitada e chega ao cliente, a través da línia receptora, listo para o seu consumo nas mesmas condicións que o gas canalizado.

O cliente poderá gozar dun combustible con alto poder calorífico e limpo, non produce residuos nin emisións tan contaminantes como o gasóleo ou outros gases con máis carbóns.

A contraprestación económica baséase nun termo fixo (dispoñibilidade do servizo) e un termo variable (enerxía consumida).


Beneficios de GNL

Máis eficiencia da instalación. Utilizando gas natural necesitarás menos combustible para producir a mesma enerxía.

Aforro económico. O custo por kWh é substancialmente menor que o do gasóleo e o propano.

Subministración independente. Permite dispoñer de gas natural, alí onde non hai rede de distribución.

Baixo impacto ambiental e seguridade. O GNL é unha enerxía limpa e segura.

Único interlocutor para a instalación, o mantemento e a subministración.

Sen investimentos iniciais. Os custos da instalación amortízanse na cota mensual.

Garantía da instalación realizada durante o período de contrato.

Servizo de asistencia 24 horas ao día e 365 días ao ano.

Telexestión e control informático central. A túa instalación estará sempre controlada coa máxima eficiencia dende as nosas oficinas.

 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20.

Para consultas ou contratacións:

  Escríbenos


« Volver a Catálogo de Solucións
 



Archivos relacionados:

Descarga toda la información


Enlaces relacionados:

Eficiencia energética para empresas



Coñece máis detalles de Opción GNL visualizando o seguinte vídeo: