Goza dun servizo de climatización con enerxía renovable durante todo o ano, grazas á tecnoloxía de bomba de calor xeotérmica e a experiencia de Gas Natural Fenosa.

A bomba de calor xeotérmica é unha tecnoloxía de elevado rendemento e baixo consumo que utiliza enerxía renovable. Unha valiosa alternativa a outros equipos de climatización que pode reducir o teu consumo enerxético ata un 60%.

Gas Natural Fenosa encárgase de todo: enxeñaría e legalizacións, investimento, xestión de trámites e subvencións, montaxe e mantemento da instalación.

Ademais, terás á túa disposición un servizo personalizado de asistencia as 24 horas ao día, 365 días ao ano.

Tras a finalización do contrato, normalmente 10 anos, o equipo pasa a ser posesión do cliente.


Beneficios de Terraconfort

Sen investimentos. A túa empresa non ten que realizar ningún investimento para a renovación ou a construción da sala técnica; efectuado por Gas Natural Fenosa.

Aforrar enerxía e diñeiro. É o sistema de climatización con maior rendemento do mercado, ata o 600%.

Subministración completa de enerxía útil. Só pagarás pola enerxía que realmente utilices e non polo combustible que consumas.

Obter enerxía durante todo o ano. O funcionamento da bomba de calor xeotérmica non depende das condicións meteorolóxicas.

Telexestión e control informático central. A través do sistema de telexestión, a túa instalación xeotérmica estará sempre controlada coa máxima eficiencia dende as nosas oficinas.

Xestión do mantemento. Nós realizamos o mantemento preventivo, que contribúe a prolongar a vida das instalacións, cumprindo coa normativa vixente. E tamén o mantemento correctivo, facéndonos cargo de calquera imprevisto. Así poderás despreocuparte da sala técnica.

Servizo de asistencia 24 horas ao día e 365 días ao ano. Dispoñerás dun servizo de asistencia, que inclúe revisións periódicas, servizo de reparacións de avarías e substitución de pezas.

Diminuír as emisións de CO2. Poderás climatizar con enerxía renovable e reducir así o impacto medioambiental das instalacións.

Ter un impacto visual e acústico nulo. O espazo utilizado polos captadores pode recuperar o seu uso anterior (aparcadoiro, zona de recreo, zona deportiva, zona verde...).

Mellora a saúde dos usuarios. A tecnoloxía xeotérmica non produce emisións de gases tóxicos nin fugas. Ademais, ao non haber torres de refrixeración, diminúe o risco de lexionelose.

 

Instalacións de enerxía xeotérmica: descubre máis sobre elas

Como funcionan?

Independentemente da época do ano, a partir de certa profundidade, o subsolo encóntrase a unha temperatura practicamente constante durante todo o ano. Entre 15 m e 20 m, a temperatura do subsolo estabilízase arredor dos 17º C.

  • No inverno, as bombas de calor xeotérmicas absorben a calor do subsolo e funcionan como calefacción.

  • No verán, capturan a temperatura máis fría do subsolo para refrixerar o ambiente.


Como se instalan?

A bomba de calor xeotérmica funciona como unha bomba de calor convencional e como todas necesita unha achega de enerxía eléctrica, polo que se require unha conexión á rede. A súa peculiaridade reside en que o intercambio de calor se realiza co subsolo (nas bombas tradicionais adóitase realizar co aire exterior). Este intercambio térmico co subsolo pode realizarse de diversas formas, aínda que as máis estendidas son:

  • Sistema de captación vertical

O intercambiador xeotérmico disponse de xeito vertical, xeralmente a profundidades de entre 80 m e 120 m. Non require de superficies de captación tan grandes como o sistema mediante captación horizontal, pero require dunha maior especialización por parte da empresa instaladora.

  • Sistema de captación horizontal

O intercambiador xeotérmico disponse de xeito horizontal, xeralmente a profundidades de entre 1,5 m e 2 m. Respecto ao sistema de captación vertical, require unha maior superficie ocupada, pero os seus custos de implantación son, en xeral, menores.

O tipo, tamaño e xeometría do captador xeotérmico determínanse unha vez que se coñece a demanda enerxética do edificio e as condicións do terreo. En xeral, para instalacións maiores de 30 kW, esta caracterización térmica do subsolo lévase a cabo mediante unha proba in situ, no lugar onde se vai realizar a captación xeotérmica, denominada Test de Resposta Térmica do terreo (TRT).
A presenza de augas subterráneas non só non impide a implantación do sistema de captación xeotérmico, senón que a súa presenza favorece o intercambio térmico e a eficiencia da instalación.

 

Por que contratar con Gas Natural Fenosa?

Os servizos dunha empresa líder e especialista en enerxía, cun equipo de profesionais altamente cualificados.

Comodidade e facilidades de pagamento, determinando un importe fixo ao mes, alcanzable para ti e a túa empresa.

Tranquilidade, porque Gas Natural Fenosa che proporciona a monitorización e un servizo programado de visitas de mantemento garanten o correcto estado e funcionamento da instalación.


Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20.

Estamos á túa disposición.Se tes algunha dúbida, escríbenos. 

Escríbenos


« Volver a Catálogo de Solucións
 



Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información (PDF 953Kb)


Enlaces relacionados:

¿Cómo funcionan las instalaciones de energía geotérmica?