Ledplus combina o servizo de renovación da túa instalación de iluminación por tecnoloxía led de primeiras marcas, con ofertas de electricidade adaptadas ás túas necesidades.

Paga todo en cómodas cotas e sen necesidade de realizar ningún desembolso inicial.

Somos expertos en mellorar a iluminación de instalacións deportivas, buscamos a solución led máis adecuada ás túas instalacións:  

Realizamos estudos lumínicos para atopar a solución óptima.

Adecuamos o nivel de iluminación ás túas necesidades, xa sexan pistas recreativas ou de competición (cumprimento de normativa).

Instalamos equipos de alta gama que permiten as mellores prestacións.

Ampliamos a garantía do fabricante para toda a duración do contrato.


Alcance do servizo

A renovación de toda a iluminación do teu centro deportivo, incluíndo desmontaxe, retirada e reciclaxe dos antigos equipos.

A subministración de electricidade, elixindo a tarifa que máis che interese:

Á medida, para clientes que queren unha tarifa de enerxía estable durante todo o contrato. Trátase dunha tarifa fixa no termo de enerxía durante 24 meses.

Index OMIE, especialmente indicado para aqueles clientes dispostos a asumir a volatilidade no importe da súa factura. Consiste nunha Tarifa Indexada con prezo da enerxía referenciado ás variacións do mercado diario de compra-venda OMIE.



Beneficios

Aforro económico dende o primeiro día.

Aforros enerxéticos de ata o 70% 1 do consumo de iluminación, dende a primeira factura.

 Mellora da iluminación, os proxectores led dan unha alta calidade lumínica que aumenta a visibilidade e mellora a xogabilidade.

Elevada vida útil: os equipos led instalados por Gas Natural Fenosa poden chegar a ter unha vida útil de ata75.000 horas.

Garantía total dos equipos durante toda a duración do contrato.

Redución dos custos de mantemento debido á elevada vida útil das lámpadas.

Baixa a potencia instalada, podendo axustar a túa potencia e pagar menos termo fixo.

Redución das penalizacións por enerxía reactiva.

Instalación segura: a instalación dos novos equipos led será realizada por instaladores autorizados.

Reciclaxe de todos os equipos que serán retirados por empresas autorizadas.

Asistencia 24 horas/365 días.

 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20

 

Escríbenos
 


(1) Potencial de aforro calculado sobre máis de 1.000 proxectos realizados.​



Ficheiros relacionados:

Máis información sobre pistas deportivas (PDF 2.6 Mb)
Casos de éxito do pistas deportivas (PDF 2.6 Mb)