Un servizo chave en man que che permite transformar as túas cabinas de pintura a gas natural,segundo as túas necesidades:

Cambio de queimador: convertemos a túa instalación ao gas natural co mínimo investimento necesario, para que goces dende o primeiro día das vantaxes do gas natural, un combustible máis barato e limpo.

Instalación de vea de aire: maximizamos o aforro sen cambiar a cabina, ao substituír o queimador da túa caldeira por unha vea de aire (combustión directa en cabina) conseguimos:

  • Alcanzar temperaturas de ata 90º C.
  • Secado ata un 35% máis rápido.
  • Mellores acabados de pintura.
  • Ata un 40% de aforro en combustible.
  • Redución de consumo eléctrico.

Cambio de cabina: se desexas renovar as túas instalacións tamén ocupámonos de todo, con cabinas de alta gama a gas natural conseguirás máxima eficiencia en tempo e combustible.
 

Que inclúe Gasconfort?

Subministración enerxética

Mantemento preventivo

Mantemento a todo risco (Opcional)

Atención 24h/365 días 
 


Beneficios

Reduce os teus tempos de traballo: reduce ata nun 35% os tempos de preparación e secado.

Aforro de combustible e electricidade. Aforra con gas natural grazas ao seu prezo máis baixo e o seu maior rendemento, coa túa instalación de vea de ar ou nova cabina consumirás un 40% menos. Ademais ao reducir os tempos de secado, tamén se reduce o funcionamento dos motores de extracción e a túa factura eléctrica.

Rematáronse os pulidos. Mellora a calidade da túa pintura grazas á alta temperatura de secado conseguindo acabados con alto brillo.

Aforro en vernices e lacas, xa non necesitarás usar pinturas con catalizadores rápidos.

Automatización dos teus sistemas. Tanto as novas cabinas como as veas de ar funcionan con software de última xeración que che permiten optimizar o seu funcionamento.

Paga só polo que consomes, acabouse pagar o gasóleo por anticipado.

Máis espazo no teu taller, xa non necesitarás depósito.

Eliminación de partículas, nin na pintura nin á atmosfera.

Maior seguridade.

Cumpre os requisitos de calidade máis esixentes de fabricantes e aseguradoras.

 

Para máis información, podes chamar o 900 40 20 20

Escríbenos

 



Ficheiros relacionados: