Segundo as túas necesidades de consumo e as características da túa vivenda deberás elixir un tipo de caldeira ou outra. A continuación, contámoscho todo. 

Á hora de comprar:

Procura comprar caldeiras de condensación ou baixa temperatura, xa que son máis eficientes no consumo de enerxía e ademais aforrarás na túa factura.

Consellos de uso e mantemento:

Unha forma de aproveitar ao máximo a túa caldeira é empregala tamén para a produción de Auga Quente Sanitaria (ACS).

Nas caldeiras é necesario realizar un mantemento periódico das instalacións, o especialista debe comprobar de forma regular o funcionamento correcto dos queimadores, regular as temperaturas e presións dos combustibles, do vapor e da auga de alimentación. E para as caldeiras que funcionan con gas natural, débese realizar unha revisión anual das instalacións. Se tes radiadores, debes realizar purgas periódicas destes, para eliminar o aire acumulado que dificulta a transmisión da calor do interior do radiador ao exterior.

Para unha regulación da temperatura o mellor é instalar un programador na sala principal (salón-comedor) que permita programar o arranque/apagamento da calefacción por horas e días da semana.

Ademais, instala válvulas termostáticas nos radiadores da túa vivenda, é unha solución accesible e doada de colocar, e poderás regular de forma independente a temperatura de cada cuarto.


« Volver a Caldeiras e outros equipos de produción de auga quente
 



Enlaces relacionados:

Consulta máis detalles sobre a adquisición de caldeiras convencionais

Consulta máis detalles sobre a adquisición de caldeiras de baixa temperatura

Consulta máis detalles sobre a adquisición de caldeiras de condensación

Consulta máis detalles sobre a adquisición de caldeiras de biomasa