Estes sistemas quentan a auga cun sistema de resistencias eléctricas...
 
Como funciona?

Estes equipos quentan a auga con resistencias eléctricas, e o termo, lugar onde se acumula a auga, ponse en marcha só cando a temperatura da auga diminúe. Son sistemas pouco recomendables dende o punto de vista enerxético e económico.

Que equipo comprar?

Se desexas instalar un sistema de produción de auga quente e non é posible ou desexas un sistema con gas, como as caldeiras de condensación ou de baixa temperatura (máis eficientes que os termos eléctricos); busca un termo cun bo illamento e intenta usalo cun programador horario.

A ter en conta

Vantaxes:

A auga acumúlase para o seu uso, polo que está dispoñible dende que se abre a billa.

Non require inspeccións anuais como os sistemas de gas.


Desvantaxes:
  • Sistema pouco eficiente tanto por alto consumo enerxético como por custos.
  • Debe estar ben illado.

  • Débese instalar un reloxo programador para cando sexa realmente necesario.



« Volver a Caldeiras e outros equipos de produción de auga quente