A continuación, deixámosche uns cuantos consellos que che axudarán a escoller o frigorífico ou conxelador ideal.


Á hora de comprar:

Procura comprar frigoríficos e conxeladores con clase enerxética A+ ou A++, xa que aforrarás enerxía e ademais reducirás a túa factura.
 

Consellos de uso:

Configura a temperatura do frigorífico no intervalo de 3 ºC a 7 ºC, e o conxelador a -18 ºC. Lembra que por cada grao que baixas a temperatura hai ata un 5% máis de consumo.

Coloca os alimentos dentro do frigorífico de tal forma que se favoreza a circulación do aire frío, desta forma a refrixeración será máis eficiente e o consumo eléctrico menor. Non obstrúas as saídas de aire do interior do frigorífico.

Deixa que os alimentos cociñados arrefríen antes de introducilos no frigorífico ou no conxelador.

Cubre os líquidos e envolve os alimentos que gardas no frigorífico. Os alimentos non cubertos producen humidade e impoñen unha carga de traballo maior ao compresor, aumentando o consumo eléctrico.

Evita abrir a porta do frigorífico e do conxelador continuamente, a perda do frío fai traballar o compresor máis intensamente, o que aumenta o consumo eléctrico para acadar a temperatura programada, sobre todo no verán. Cantas máis veces abras a porta máis carazo se producirá e, polo tanto, tamén se producirá máis consumo eléctrico.

Deixa uns 5 cm entre a parte traseira do frigorífico, a parede e os laterais, desta forma facilítase a ventilación e aumenta o rendemento.

Coloca o frigorífico fóra do alcance da luz solar, do forno ou calquera outra fonte de calor.

Se tes un conxelador independente, recorda que non ten por que estar tan á man como o frigorífico. Aproveita para situalo nun cuarto fresco e así obterás un maior rendemento.

Desconecta o frigorífico e o conxelador durante ausencias prolongadas, máis de 15 días. Durante ese período de ausencia déixao limpo e coa porta aberta para evitar olores desagradables.

 

Consellos de mantemento:

  • Asegúrate de que as xuntas do frigorífico e o conxelador selan correctamente, evitando as perdas de frío. Para comprobar o peche hermético, pecha a porta do frigorífico cun papel situado na xunta, se ao tirar del non ofrece resistencia, entón sería conveniente cambiar as gomas, o aforro notarase en pouco tempo.
  • Limpa cada 3 ou 4 meses a parte traseira do frigorífico cun pano seco ou co aspirador. A sucidade acumulada nesta zona, dificulta a disipación da calor extraída do frigorífico e aumenta o consumo.
  • Evita a formación de xeada, un espesor de xeo no frigorífico superior a 3 mm pode producir un aumento do consumo eléctrico de ata un 30% pola diminución do poder de refrixeración. Ademais, no conxelador, o xeo dificulta a conxelación e obriga ao motor a funcionar a maior potencia, o que aumenta o consumo e diminúe a vida útil do equipo.
  • Nos frigoríficos equipados con sistema non frost, vixía que os receptores da auga de carazo do panel traseiro no interior do frigorífico se encontran limpos para permitir a axeitada desconxelación.
 


Enlaces relacionados: 

Consulta máis detalles sobre a adquisición de frigoríficos

Consulta máis detalles sobre a adquisición de conxeladores