A pantalla do ordenador é o elemento que máis enerxía consome. Podes apagala durante as ausencias curtas para evitar gastos innecesarios.
 

Á hora de comprar:

Se vas comprar un ordenador adquire un que teña sistema de aforro "Energy Star", xa que teñen a capacidade de pasar a un estado de repouso, hibernación, ao transcorrer un determinado tempo sen actividade.


Consellos de uso:

Activa no teu ordenador, se é posible, o modo de hibernación para tempos de ausencia pequenos.

Se prevés unha ausencia maior de 30 minutos apaga o ordenador.

En ausencias pequenas pódese apagar soamente a pantalla, xa que é o compoñente que máis consome.

O salvapantallas que menos consome é o de cor negra ou "baleiro".

Podes conectar varios equipos ofimáticos a bases de conexión múltiple con interruptor, así apagaranse todos á vez e evitarás o stand-by.
 

Que equipo comprar?

Se vas comprar un ordenador adquire un que teña sistema de aforro "Energy Star", xa que teñen a capacidade de pasar a un estado de repouso, hibernación, ao transcorrer un determinado tempo sen actividade.

Se estás pensando entre adquirir un portátil ou un PC, recorda que unha vantaxe engadida dos portátiles é que consumen moita menos enerxía. Aínda así, se te decides polo PC recorda que a pantalla é a parte do ordenador que máis consume, por iso é recomendable comprar pantallas planas (TFT) que son as que menos consumen. Compra impresoras que impriman a dobre cara e aparatos de fax que usen papel normal (non térmico).