Se conectas todos os teus equipos a unha regreta con interruptor, poderás apagalos todos á vez e evitar o consumo que se produce cando están en modo "stand by".
 

Á hora de comprar:

A elección do tipo de TV é importante: Unha televisión de plasma consome ata 2,5 veces máis que unha de tipo LCD.
 

Consellos de uso:

Tanto a televisión coma outros equipos (DVD, equipos de música, etc.) teñen unha opción para estar acesos a modo de "espera" ou "stand-by"; este modo pódese accionar dende o mando a distancia. Nesta modalidade os equipos consomen enerxía, nalgúns casos como as televisións, ata o 15% da enerxía que consumiría se o aparato estivese acendido. Cando non vaias acender os equipos nun espazo longo de tempo, apágaos dende o botón.

Outra suxestión é conectar algúns destes equipos a regretas ou bases de conexión múltiple con interruptor e así apagaranse todos á vez.

 

Que equipo comprar?

As televisións e equipos audiovisuais adoitan ter un baixo consumo de enerxía, pero cada vez temos máis aparatos deste tipo nas nosas casas. Por iso á hora de compralos hai que empezar a ter en conta os seus consumos:

No caso das televisións, cuxo uso intensivo fai que teña un consumo elevado a elección do tipo de TV é importante. Un TV de plasma consume ata 2,5 veces máis que unha TV LCD, no caso dunha pantalla de 40", cun uso diario de 3 horas, estamos a falar de consumir 270 kWh máis ao ano, 36 €.

Outro aspecto a ter en conta á hora de seleccionar un equipo é que este teña posibilidade de apagarse dende un botón. Algúns equipos hoxe en día non poden apagarse de todo, estando sempre en modo stand-by, supoñendo este modo, que o equipo consume constantemente, ata un 15% do seu consumo en funcionamento normal