Nas cociñas é importante situar os puntos de luz de maneira que non provoquen sombras sobre os espazos de traballo.
 

Como se deben distribuír as lámpadas?

Na cociña, cando se usa luz fluorescente, recoméndase utilizar lámpadas cunha luz de calidade cun índice de reprodución das cores superior a 80 (Ra> 80), pois non distorsionan as cores dos obxectos nin alimentos.
As tarefas visuais que se realizan na cociña son diferentes: precísase unha iluminación xeral para non crear zonas de sombras. Nos mesados onde se realizan tarefas máis específicas precísase unha iluminación concentrada e que non cegue. Nos armarios altos podes colocar tubos fluorescentes proporcionando unha luz máis concentrada e apta para cociñar, cortar... No caso da iluminación da zona de cociñado pódese utilizar a luz da campá extractora de fumes. A iluminación xeral pódese obter coa instalación dunha lámpada de teito ou con tubos fluorescentes, que poden ser segmentados en liñas independentes, diminuíndo o consumo por iluminación.

Para iluminar a mesa da cociña, unha boa solución é a colocación dunha lámpada de teito colgada, doadamente lavable.
 

Que lámpadas son as axeitadas?

A iluminación xeral pódese conseguir con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W. Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño do cuarto e do número de lámpadas.

 
« Volver a Consellos iluminación
 


Enlaces relacionados:

Electrodomésticos eficientes: Frigoríficos e conxeladores

Electrodomésticos eficientes: Cociñas, fornos e microondas

Electrodomésticos eficientes: Lavalouza

Electrodomésticos eficientes: Lavadoras e secadoras