Nos cuartos é aconsellable asegurar unha boa iluminación xeral e reforzar algúns recantos con iluminación específica, como na mesa de noite ou no vestidor.
 

Como se deben distribuír as lámpadas?

Precísase unha boa iluminación xeral ademais doutra máis concentrada en recantos de lectura, vestidores, preto de espellos para que a luz se reflicta. Non utilices cortinas moi tupidas para aproveitar a luz natural que entra pola ventá durante o día.

Para ler na cama a mellor opción é utilizar lámpadas orientables individuais, proporcionan unha luz intensa pero orientada. Pódense orientar os focos do teito ou as filas de halóxenos cara á porta dos armarios. Desta forma evitas cegamentos e ofreces amplitude ao cuarto, á vez que permites unha mellor iluminación do armario cando se abren as portas.

Para unha correcta iluminación do cuarto dos nenos hase dispoñer dunha boa iluminación xeral, capaz de iluminar axeitadamente o chan, e as paredes, co fin de non deixar ningún recanto escuro. A iluminación xeral pode lograrse cunha lámpada de teito central ou cunha plataforma con tres ou catro focos orientados. Os focos das paredes orientados ao teito poden proporcionar tamén unha iluminación xeral difusa.

No cuarto dos nenos non se deben deixar, polas noites, acendidas lámpadas de luz de incandescencia. A mellor solución para facilitar unha iluminación tenue son os LEDs decorativos.


Que lámpadas son as axeitadas?

A iluminación xeral pódese conseguir con tubos fluorescentes T5 de 28 W, que dan a mesma iluminación que os T12, de 40 W. Se polo tipo de lámpada que vas utilizar non podes usar tubos fluorescentes, opta por lámpadas de baixo consumo, de 15 W ou 20 W, en función do tamaño do cuarto e do número de lámpadas.

Se queres consultar con máis detalle os diferentes tipos de lámpadas que hai no mercado, fai clic aquí.


« Volver a Consellos iluminación