Podemos aproveitar a reflexión da luz dos espellos, as paredes, e os azulexos para potenciar a iluminación xeral do baño.
 

Como se deben distribuír as lámpadas?

Nos baños non sempre se necesita a mesma cantidade de luz polo que sempre é aconsellable unha luz xeral e outra especifica na zona do espello. Para a iluminación xeral do cuarto de baño aconséllase utilizar a reflexión da luz dos espellos, as paredes, o teito e o azulexo. A iluminación dos espellos pódese conseguir coa colocación de focos con lámpadas de pequena potencia na parte superior do espello ou a ambos os dous lados. Pódense utilizar tamén tubos fluorescentes colocados na parte superior do espello.
 
Que lámpadas son as axeitadas?
A iluminación xeral do cuarto de baño pódese realizar con tubos fluorescentes ou lámpadas de baixo consumo. Os halóxenos de baixo consumo poden ser unha boa solución para a iluminación da zona do espello pola boa reprodución cromática que teñen e a intensidade da luz que proporcionan.
 

« Volver a Consellos iluminación