Para reducir a fatiga visual producida polo contraste entre sombras e luces da pantalla é aconsellable iluminar tamén a zona posterior desta.
 

Como se deben distribuír as lámpadas?

É aconsellable dispoñer dunha iluminación xeral para todo o despacho. As tarefas de lectura, escritura ou uso do ordenador fan necesaria a instalación tamén dunha iluminación concentrada preto do plano de traballo que ilumine de forma ampla pero tamén intensa nesta zona. É aconsellable para a redución da fatiga visual conectar unha lámpada de iluminación difusa dirixida á parede que ilumine a zona posterior á pantalla do ordenador, desta forma reducimos o contraste entre sombras e luces da pantalla. Pode servir un pequeno fluorescente instalado debaixo dun estante.

Cando as lámpadas se atopen moi preto do plano de traballo é aconsellable utilizar lámpadas fluorescentes que emiten menos calor que as incandescentes tradicionais.

É moi importante tamén colocar pantallas nos puntos de luz, con elas evítanse cegamentos directos e diríxese a luz ao lugar desexado.



Que lámpadas son as axeitadas?

A iluminación xeral do despacho pódese realizar con lámpadas fluorescentes compactas de 11 W a 20 W. A iluminación puntual con lámpadas fluorescentes no caso de que estean situadas preto do plano de traballo. Para a iluminación da área próxima á pantalla de ordenador pódese utilizar un fluorescente debaixo dun estante ou unha lámpada de baixa potencia na mesa de traballo.
 

« Volver a Consellos iluminación
 


Enlaces relacionados:

Electrodomésticos eficientes: Ordenadores e equipos informáticos