É un espazo no que realizamos tarefas moi distintas, polo xeral nun salón necesítanse entre tres e dez puntos de luz.
 

Como se deben distribuír as lámpadas?

No salón pódense realizar diferentes tarefas que precisan de diferentes formas de iluminación. Polo xeral, necesítanse entre tres e dez puntos de luz (lámpadas). Estes puntos de luz poden ser de diferente tipo: orientable, xeral, puntual e difusa.

A iluminación para ver a televisión debe ser adecuada para non fatigar os ollos co contraste entre a pantalla e a área que a rodea. Coloca unha luz tenue apuntando á parede detrás do aparato e así poderás reducir o contraste entre luces e sombras.

Á hora de iluminar o comedor, debes iluminar o elemento principal, a mesa. Para iso, a mellor iluminación é unha lámpada de teito que se encontre a 55 cm. ou 60 cm. sobre a superficie da mesa, desta forma evítanse cegamentos. As mesas alongadas moitas veces ilumínanse con varios accesorios pequenos e non cun grande. Os interruptores individuais para cada dispositivo permítenche variar o tamaño da área iluminada e o consumo.

Para as zonas de lectura do salón ou en recantos que se utilicen para realizar tarefas visuais que requiran dunha luz intensa, debes instalar unha lámpada que proporcione unha luz concentrada e sen reflexos, ademais poderá resultar aínda máis cómoda se é regulable en altura e en ángulo de incidencia sobre o plano de traballo.
 

Que lámpadas son as axeitadas?

Neste caso e dependendo da tarefa que se desempeñe podemos utilizar unhas lámpadas ou outras. Nas zonas de conversación ou cantoneiras pódense utilizar lámpadas fluorescentes compactas de 11 W a 20 W ou lámpadas LED de 7 W. Na mesa do salón comedor pódese usar unha única lámpada fluorescente de baixo consumo de 15 W ou 20 W, ou varias de menor potencia, en función da forma da mesa.

Para a iluminación xeral pódense utilizar lámpadas fluorescentes compactas de 11 W a 20 W ou lámpadas LED de 7 W. Lembra que para a iluminación xeral é conveniente un menor nivel de iluminación, máis relaxante, e usar maior nivel nas zonas de comedor e lectura.


« Volver a Consellos iluminación
 


Enlaces relacionados:

Electrodomésticos eficientes: Televisións e equipos audiovisuais