Procura que todos os membros da túa familia saiban como se corta a luz na casa. Para calquera dúbida podes chamarnos ao 900 100 251
 

Consellos e recomendacións para garantir a seguridade da túa instalación eléctrica:

 
Evita o contacto da auga coa electricidade:

Para utilizar calquera aparato eléctrico debes ter as mans e pés secos, e estar preferiblemente calzado.

Antes de conectar un aparato eléctrico comproba que non está mollado, e nunca os manipules estando dentro da bañeira ou da ducha. Ao regar, ten coidado de non dirixir a auga a cables, armarios de contadores, caixas de enganche, etc.
 
Los cuartos de baño, as canalizacións de auga fría e quente, desaugadoiros, cercos metálicos de portas e ventás, radiadores, etc., teñen que estar conectados entre si e á rede de terra.

Na cociña procura utilizar os aparatos eléctricos lonxe da zona do vertedeiro.

 
Manipula os electrodomésticos con precaución:

Comproba que a tensión dos teus electrodomésticos é a axeitada para o teu fogar e que dispós de suficiente potencia eléctrica contratada.

Se tes que manipulalo, desconéctaos antes tirando da caravilla illante que os conecta a parede: non tires nunca do cable directamente.

Utiliza a toma de terra dos teus electrodomésticos se dispoñen dela e se a túa instalación o permite. Ademais, se cambias un enchufe con toma de terra, substitúeo por outro de terra tamén.

Sitúa os electrodomésticos, especialmente fogóns, televisores e equipos de son a unha distancia prudencial da parede para evitar o sobrequentamento. Se aparece fume ou algún olor inusual, desconéctaos inmediatamente e fainos revisar por un técnico.


 

Protexe da electricidade os bebés e nenos pequenos:

Procura que os teus fillos non utilicen xoguetes eléctricos que se enchufan á rede a menos que os vixíes permanentemente mentres xogan.

Mantén os nenos fóra do alcance de enchufes ou cables soltos, especialmente no seu cuarto de xogos, e tápaos con fita illante ou disimuladores de enchufes sempre que sexa posible.

Procura que os nenos non xoguen preto do televisor ou tombados diante del. É un obxecto moi pesado se cae enriba dun neno, e ademais nos modelos máis antigos, o tubo catódico podería estalar se recibe un forte golpe estando acendido.

Deixa arrefriar o ferro de pasar nun lugar apartado e fóra do alcance dos nenos.


 

Fóra da casa, ten precaución coas infraestruturas eléctricas:

As torres, postes de electricidade e casetas de transformación poden ser perigosos: non entres ou subas a eles, non lles tires pedras ou outros obxectos, e non os utilices como soportes.

En zonas situadas debaixo dunha liña eléctrica, non xogues con obxectos que poidan chegar a tocala (paus, papaventos, avións teledirixidos, balóns, etc.).

Se a caixa de conexións dun farol estivese aberta, non a toques baixo ningún concepto.

Se encontras un cable no chan, non o toques, avisa a empresa eléctrica.
 

Mantén a túa instalación eléctrica con seguridade:

Comproba que o interruptor xeral e o cadro de mando e protección están situados nun punto doado de acceso que coñezan todos os membros da familia.

Unha vez ao mes, polo menos, comproba que o diferencial funciona correctamente. Prema o botón de proba (normalmente de cor amarela, gris ou negra) e se se dispara o diferencial é que todo funciona. Se, non chama un instalador electricista autorizado para que o revise.

Se vas manipular unha instalación, apaga antes o interruptor. Faino, por exemplo, antes de cambiar unha lámpada.

Non bloquees os interruptores automáticos, para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.

Non uses nunca aparatos con cables pelados, caravillas rotas, enchufes deteriorados etc.

Se un aparato che dá "cambras", desenchúfao inmediatamente e chama un técnico.

Non sobrecargues as instalacións eléctricas e non poñas cables eléctricos debaixo das alfombras.

Utiliza un enchufe para cada receptor, cando sexa posible. As conexións múltiples poden producir sobrequentamentos.

Revisa que as luces funcionan correctamente e afástaas de cortinas e paredes.

Non coloques pantallas ou un percorrido de cables preto de focos de calor.

Cando deixes de usar o ferro de pasar, aínda que sexa só por un momento, non esquezas desconectalo e colocalo nun lugar seguro.

 
No caso de accidente eléctrico:

Se podes, corta a fonte de alimentación da corrente. Se non, colle á vítima pola roupa e tira dela sen entrar en contacto coa súa pel. Se fose necesario, cobre as partes núas con roupa seca antes de tocarlle.

No caso de incendio eléctrico, utiliza un extintor para apagar o lume. 

Se se produce unha queimadura localizada, antes de tratala lava as mans coidadosamente. Arrefría a queimadura con auga ou xeo, limpa ao seu arredor cunha compresa húmida e bótalle unha solución antiséptica. Finalmente, cúbrea cunha compresa estéril e algodón. Non toques directamente a queimadura nin abras as ampolas ou vexigas que se formen nela. Se a queimadura é importante, non poñas cremas e acode o teu centro de asistencia médica.