Urxencias de gas natural


Se a distribuidora da túa zona é Gas Natural Distribución podes chamar ao teléfono gratuíto 900 750 750. Se non, contacta coa distribuidora da túa zona, podes encontrala no listado oficial da CNE de empresas distribuidoras de gas natural.

O Servizo de Atención de Urxencias non cobre a reparación da instalación de gas natural a partir da chave de acometida do edificio, salvo que esta instalación sexa propiedade de Gas Natural Fenosa. No caso das áreas comúns do edificio, é o propietario ou quen represente á propiedade o que se ten que responsabilizar da súa conservación e mantemento. E en canto ao interior da casa, correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado e facer un uso axeitado dela.

A normativa RITE RD1027/2007, do 20 de xullo de 2007, establece a revisión preventiva anual obrigatoria da caldeira, o circuíto hidráulico, os radiadores e aparatos de gas. Se queres dispoñer do servizo de mantemento coas mellores coberturas para asegurar a túa caldeira e os aparatos de gas, solicita Servigas.


 

Avarías eléctricas

A empresa distribuidora eléctrica de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica polo que deberás poñerte en contacto con ela se sofres algunha avaría ou falta de subministración. Se a distribuidora da túa zona é Unión Fenosa Distribución podes chamar ao teléfono 900 333 999. Se non o é, contacta coa distribuidora da túa zona, podes encontrala no listado oficial da CNE de empresas distribuidoras de electricidade.

Ten en conta que as instalacións eléctricas do interior dos fogares son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación da vivenda, necesitas unha empresa especializada para a reparación.

A normativa RITE RD1027/2007, do 20 de xullo de 2007, recomenda a revisión preventiva anual do equipamento de climatización:aire acondicionado e bomba de calor. Se queres dispoñer do servizo de mantemento coas mellores coberturas para asegurar os teus equipos eléctricos e aparatos de aire acondicionado ou bomba de calor, solicita Servielectric.

 

Teléfonos de emerxencias

As empresas distribuidoras de gas natural e de electricidade poñen á túa disposición un Servizo de Atención de Urxencias as 24 horas, os 365 días do ano: